O mércores 18 de marzo, tocounos desprazarnos ata o Colexio Abrente en Portonovo, xunto co alumnado do Ceip Conmeniño e onde nos recibiron realmente ben. Alí, puidemos pasar unha mañá cargada de novos amigos e actividade física.
EDUCACIÓN FÍSICA AS BIZOCAS
Blog da materia de educación física no CEIP As Bizocas de O Grove
lunes, 23 de marzo de 2026
3ª XORNADA MULTIDEPORTE ALEVÍN COLEXIO ABRENTE-CEIP AS BIZOCAS (18-03-2026)
3ª XORNADA ENCONTROS MULTIDEPORTIVOS BENXAMÍN CEIP AS BIZOCAS-COLEXIO ABRENTE
O pasado martes 17 de marzo, o alumnado de 3º e 4º de Primaria puido gozar dunha nova xornada dos Encontros Multideportivos cos compañeiros e compañeiras do Colexio Abrente. Desta volta tocounos actuar como locais e anfitrións.
A xornada estivo xenial e coñecemos un montón de novos amigos e amigas.
Deixámosvos unha pequena mostra fotográfica do que foi este día tan especial.
lunes, 2 de marzo de 2026
2ª XORNADA MULTIDEPORTE BENXAMÍN. CEIP PORTONOVO-CEIP AS BIZOCAS (25-02-2026)
Se o día anterior nos tocou facer de locais, o mércores 25 de febreiro fixemos de visitantes viaxando ata o veciño Concello de Sanxenxo, ao CEIP de Portonovo. Desta volta, foi o alumnado de 3º e 4º de EP quen se desprazou ata alá para vivir unha nova Xornada Multideporte.
Pasámolo xenial!! Moitísimas grazas aos compañeiros e compañeiras de Portonovo por facernos pasar unha mañá tan espectacular!!!
2ª XORNADA MULTIDEPORTE ALEVÍN CEIP AS BIZOCAS - CEIP CONMENIÑO 24-02-2026
martes, 27 de enero de 2026
1ª XORNADA MULTIDEPORTE ALEVÍN 21-01-2026
Se o día anterior comezabamos coas primeiras Xornadas Multideporte co alumnado de 3º e 4º, nesta ocasión tocoulle a ocasión aos maiores de 5º e 6º de Primaria. Algo nerviosos e con moita ilusión, viaxamos ata o Concello de Sanxenxo para compartir actividade cos nenos e nenas do Ceip Magaláns-Dorrón.
Portáronse xenial con nós, ensinándonos o seu colexio e xogando xuntos coma se fosemos compañeiros/as de sempre. Moitas grazas por todo!!!
1ª XORNADA MULTIDEPORTE BENXAMÍN
O pasado martes 20 de xaneiro comezamos coa primeira das Xornadas de Multideporte, encadradas dentro do Programa XOGADE. Nesta ocasión, o alumnado de 3º e 4º de Primaria fixo de anfitrión cos nosos compañeiros e compañeiras do Ceip Rosalía de Castro do Grove.
martes, 9 de diciembre de 2025
DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE (3 DECEMBRO)
Ao longo destes días, estivemos realizando algunhas actividades físicas e xogos que nos axudaron a poñernos no lugar das persoas que teñen algún tipo de discapacidade. Aprendemos a recoñecer cales son algunhas das dificultades ás que se enfrontan no seu día a día.
Pero tamén, que NON EXISTEN LIMITACIÓNS que nos impidan acompañalos e divertírnonos xuntos xogando a moitas cousas.
3ª XORNADA MULTIDEPORTE ALEVÍN COLEXIO ABRENTE-CEIP AS BIZOCAS (18-03-2026)
O mércores 18 de marzo, tocounos desprazarnos ata o Colexio Abrente en Portonovo, xunto co alumnado do Ceip Conmeniño e onde nos recibiron ...
-
Este venres, 8 de Novembro, a comunidade do CEIP As Bizocas disfrutamos dunha xornada moi especial na que celebramos o magosto. Poidemos c...
-
Despois de traballar a unidade didáctica de " Orientación deportiva" co alumnado de 6º curso, aprendendo desta maneira a orientar...







































.jpg)













