Mostrando entradas con la etiqueta XOGADE CROSS CARREIRA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta XOGADE CROSS CARREIRA. Mostrar todas las entradas

lunes, 13 de octubre de 2025

CROS ESCOLAR (MONTALVO-SANXENXO)

 O pasado mércores 8 de outubro, o alumnado de 2º a 6º de Primaria do noso cole, tivo a oportunidade de participar na primeira xornada do Cros Escolar da zona do Salnés celebrada no piñeiral da Praia de Montalvo (Sanxenxo).

O tempo acompañou e puidemos gozar dunha xornada estupenda de actividade física nun marco incomparable.

 








E aínda para máis, parte das nosas e dos nosos atletas subiron aos mellores postos da clasificación.




  






lunes, 18 de noviembre de 2024

CARREIRA DE CROS EN MONTALVO. PROGRAMA XOGADE

 O venres 14 de Novembro, os cursos desde 2º a 6º de EP participaron en Montalvo, xunto co resto de Centros educativos da zona, da modalidade deportiva de cros. Nesta xornada tivemos a sorte de contar cunhas boas condicións climatolóxicas o que favoreceu e permitiu que os rapaces/as disfrutaran en maior medida da actividade.

Deporte, socialización, participación, disfrute, esforzo, compañeirismo, superación... foron, entre outras, as finalidades principais desta actividade. 

A por máis!








martes, 21 de noviembre de 2023

CROSS EN MONTALVO - XOGADE

    O 15 de novembro o alumnado do CEIP As Bizocas desprazouse ao pinar de Montalvo (Sanxenxo) para correr o cross de Xogade. Os nenos e nenas de 2º curso ata 6º curso puideron vivir a experiencia de correr con rapaces doutros centros educativos.

Non só corremos, tamén aprendemos valores importantes como o ESFORZO, O COMPAÑEIRISMO ou o XOGO LIMPO.


Noraboa a todos e todas! Estar na liña de saída xa era todo un reto! 

Para ver tódalas fotos premede AQUÍ.



DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 O pasado venres 5 de xuño, todo o alumnado do Ceip As Bizocas saíu a facer unha andaina pola contorna con varios obxectivos na súa mente. P...