Mostrando entradas con la etiqueta VELA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VELA. Mostrar todas las entradas

viernes, 28 de marzo de 2025

ACTIVIDADE DE VELA POLA COSTA DE SANXENXO

 Onte, por fin, as condicións climáticas permitíronnos achegarnos ata as instalacións do Real Club Náutico de Sanxenxo para disfrutar dunha actividade que nos permitiu navegar polo mar baixo a enerxía que nos ofreceu o vento. 

Nesta xornada de iniciación e achegamento á navegación con vela, a rapazada de 3º curso EP disfrutou  do paseo en barco pola costa de Sanxenxo: Como desta vez tocaba a sesión práctica, os nenos/as poideron levar o timón, tirar dos cabos, virar o barco, coidar a cabeza de dar coa botavara 😆... e como non, sentir o vento na cara. Bueno, nalgún momento tivemos que soprar con forza porque o vento desaparecía 😆😆😆 e non nos moviamos do sitio!!!

O día apareceu co ceo medio nubrado, co sol escondido... pero pouco a pouco, ao longo da mañá, o astro rei foi aparecendo e facendo que o día fose espectacular para esta experiencia de navegación.

Pasámolo moi ben e ata chegamos a ver algún golfiño ao lonxe.

Ata a próxima pequenos/as grumetes.






Iso sí, chegamos do mar con moitísima fame!!!



Tivemos a sorte de compartir a experiencia co alumnado do Ceip Valle-Inclán.








viernes, 21 de marzo de 2025

3º curso de EP iníciase na navegación a vela.

 Na xornada de onte (xoves 20), o alumnado de 3º curso de EP poido disfrutar dunha sesión teórica e de achegamento á navegación con vela. Para elo, contamos coa axuda do RCN de Sanxenxo e foron Adrián e María quenes nos explicaron e nos deron a coñecer as partes básicas do barco e tamén a terminoloxía náutica máis empregada... así, quedámonos con palabras como timón, proa, popa, cabo, botavara.. Aprendimos un auténtico dicionario do mar!

Tamén nos animaron e nos quitaron o medo para a seguinte sesión na que xa  teremos que poñernos a navegar sobre as ondas do mar e co vento na cara.

Esperando xa con ansiedade e ilusión a seguinte sesión. 

Preparádevos grumetes!







DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 O pasado venres 5 de xuño, todo o alumnado do Ceip As Bizocas saíu a facer unha andaina pola contorna con varios obxectivos na súa mente. P...