Mostrando entradas con la etiqueta XOGADE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta XOGADE. Mostrar todas las entradas

lunes, 18 de mayo de 2026

MERENDAS SAUDABLES NAS XORNADAS DO XOGADE

O alumnado do Ceip As Bizocas participou, ao longo de todo o curso, no Programa XOGADE. Foron carreiras de campo a través, xornadas de Multideporte... Todas elas, con outros nenos e nenas que forman parte da Asociación Deportiva do Val do Salnés e dos centros da nosa comarca. Puidemos coñecer e gozar coas novas amizades, e sempre o fixemos dende unha perspectiva saudable, aportando en todas as nosas actividades merendas saudables.

O consumo de froita foi unha constante en todas elas, tentando dotar estas actividades de promoción de hábitos saudables dun ambiente de afecto e confianza, incorporar experiencias de aprendizaxe significativas e aproveitar as rutinas diarias (merendas, almorzos, etc) como momentos significativos para consolidar hábitos alimentarios, así como buscar a funcionalidade do que aprenden e que teña unha transferencia á vida cotiá.


lunes, 11 de mayo de 2026

XORNADA DEPORTES TRADICIONAIS-POPULARES EN NANTES-SANXENXO (05-05-26)

 O martes 5 de maio, o alumnado de 6º de Primaria viaxou ata o Campo da Billarda de Nantes (Sanxenxo) para coñecer algúns dos xogos e deportes tradicionais propios da nosa contorna. A actividade, que compartimos con varios institutos e colexios do Val do Salnés, englóbase dentro do Programa XOGADE.

Xogamos á billarda, aos bolos celtas e á chave. 

Deixámosvos unha pequena mostra fotográfica!!










lunes, 20 de abril de 2026

4ª XORNADA ENCONTROS MULTIDEPORTIVOS. CEIP AS BIZOCAS-CEIP ROSALÍA DE CASTRO 15-04-2026

 Este mércores 15 de abril, rematamos coa cuarta e última das Xornadas de Encontros Multideportivos (XOGADE) cos nosos compañeiros e compañeiras do Ceip Rosalía de Castro do Grove. A algúns xa os coñeciamos de antes pero non perdemos a ocasión de facer novas amizades.

Foi unha xornada chea de actividade física e diversión!!







É unha pena que se acaben por este curso as Xornadas de Multideporte!! Estaremos desexosos de voltar a participar de novo e coñecer a novos amigos e amigas!!!
















martes, 14 de abril de 2026

4ª Xornada Encontros Multideportivos CEIP As Bizocas- CEIP Magaláns-Dorrón (14-04-2026)

 O alumnado de 6º de Primaria tivo o pracer de contar hoxe coa visita do alumnado do Ceip Magaláns-Dorrón (Sanxenxo). Así, tivemos a oportunidade de reencontrarnos coas amigas e amigos que fixeramos nunha xornada anterior e na que eles fixeran de anfitrións.






Foi fabuloso poder atoparnos de novo e gozar con todos vós nesta nova xornada dos Encontros Multideportivos. MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA!!











lunes, 23 de marzo de 2026

3ª XORNADA MULTIDEPORTE ALEVÍN COLEXIO ABRENTE-CEIP AS BIZOCAS (18-03-2026)

 O mércores 18 de marzo, tocounos desprazarnos ata o Colexio Abrente en Portonovo, xunto co alumnado do Ceip Conmeniño e onde nos recibiron realmente ben. Alí, puidemos pasar unha mañá cargada de novos amigos e actividade física.





 



Grazas ás compañeiras e compañeiros do Colexio Abrente por esta xornada tan fantástica!! Estamos desexando volver a vervos!!












3ª XORNADA ENCONTROS MULTIDEPORTIVOS BENXAMÍN CEIP AS BIZOCAS-COLEXIO ABRENTE

 O pasado martes 17 de marzo, o alumnado de 3º e 4º de Primaria puido gozar dunha nova xornada dos Encontros Multideportivos cos compañeiros e compañeiras do Colexio Abrente. Desta volta tocounos actuar como locais e anfitrións. 

A xornada estivo xenial e coñecemos un montón de novos amigos e amigas. 

Deixámosvos unha pequena mostra fotográfica do que foi este día tan especial.











Xa estamos desexando que chegue a próxima xornada!!!!













lunes, 2 de marzo de 2026

2ª XORNADA MULTIDEPORTE BENXAMÍN. CEIP PORTONOVO-CEIP AS BIZOCAS (25-02-2026)

 Se o día anterior nos tocou facer de locais, o mércores 25 de febreiro fixemos de visitantes viaxando ata o veciño Concello de Sanxenxo, ao CEIP de Portonovo. Desta volta, foi o alumnado de 3º e 4º de EP quen se desprazou ata alá para vivir unha nova Xornada Multideporte.


                                                                  







                                                         

Pasámolo xenial!! Moitísimas grazas aos compañeiros e compañeiras de Portonovo por facernos pasar unha mañá tan espectacular!!!






 







2ª XORNADA MULTIDEPORTE ALEVÍN CEIP AS BIZOCAS - CEIP CONMENIÑO 24-02-2026

Este martes 24 de Febreiro de 2026, o alumnado de 5º de EP puido gozar dunha nova xornada dos Encontros Multideportivos (XOGADE) cos compañeiros e compañeiras do Ceip Conmeniño no pavillón novo de O Grove.


Despois dunha breve presentación, pasamos á práctica das diferentes actividades. Xogamos a datchball, balonmán, baloncesto, bádminton e fútbol. Eiquí vos deixamos unha pequena mostra fotográfica do que foi a xornada.







                                                                              

A verdade, pasamos unha xornada fantástica!!











DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 O pasado venres 5 de xuño, todo o alumnado do Ceip As Bizocas saíu a facer unha andaina pola contorna con varios obxectivos na súa mente. P...