Mostrando entradas con la etiqueta movimento vivencial e experimental. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta movimento vivencial e experimental. Mostrar todas las entradas

martes, 9 de diciembre de 2025

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE (3 DECEMBRO)

 Ao longo destes días, estivemos realizando algunhas actividades físicas e xogos que nos axudaron a poñernos no lugar das persoas que teñen algún tipo de discapacidade. Aprendemos a recoñecer cales son algunhas das dificultades ás que se enfrontan no seu día a día. 

Pero tamén, que NON EXISTEN LIMITACIÓNS que nos impidan acompañalos e divertírnonos xuntos xogando a moitas cousas.



                               








miércoles, 14 de mayo de 2025

EXPRESIÓN CORPORAL. INVESTIGANDO O NOSO MOVIMENTO A TRAVÉS DE GLOBOS.

 Esta é outra actividade relacionada coa temántica artística do noso PDI do centro " pequenos artistas" e na que, desde a nosa área, enfocamos a traballar principalmente a expresión corporal a través do movimento.

No exemplo que aparece a continuación, o alumnado debía investigar movimentos coa axuda de globos.

Non é o mesmo pedírllelo así, que se movan ou creen a súa propia coreografía sen máis,  xa que se sentirían moito máis cortados e avergoñados, que ofrecéndollelo coa axuda dun globo que será quen os guíe inicialmente de maneira indirecta na creación dos seus movimentos, facendo que se sintan máis seguros de sí mesmos.




NOMES CORPORAIS CON MOVIMENTO


A través da expresión corporal e do movimento, cada neno/a foi quen de inventar e crear o seu propio nome xestual ou corporal. A actividade consistía en relacionar o nome persoal de cada un cun movimento creado por ele/as mesmo/as.


Esta actividade estaba relacionada coa temática do noso PDI no que traballamos o arte, e nós, desde a nosa área, que mellor que fomentar a expresión artística a través do corpo e do movimento.




 

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 O pasado venres 5 de xuño, todo o alumnado do Ceip As Bizocas saíu a facer unha andaina pola contorna con varios obxectivos na súa mente. P...