Mostrando entradas con la etiqueta MEDIO AMBIENTE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta MEDIO AMBIENTE. Mostrar todas las entradas

lunes, 8 de junio de 2026

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 O pasado venres 5 de xuño, todo o alumnado do Ceip As Bizocas saíu a facer unha andaina pola contorna con varios obxectivos na súa mente. Por un lado, quixemos facer unha recollida de lixo en conxunto para tomar conciencia da cantidade de cousas que as persoas tiramos ao chan de xeito incontrolado. Doutra banda, coñecemos a nosa contorna e fixemos actividade física dunha maneira agradable, divertida e útil.






E, ao final, recollemos unha boa cantidade de lixo!!!

viernes, 5 de junio de 2026

MELLORAMOS O NOSO PATIO CUNHA CASIÑA E UN HORTO ESCOLAR

 

José Luís Torres vai realizar un proxecto pioneiro no Ceip As Bizocas, que inclúe  unha casa estilo Hobbit, xardín, forno e horta con bancais. 



O grovense José Luís Torres, autor da Casa da Caracola, vai realizar unha obra pioneira no noso colexio: a transformación do patio escolar nun proxecto de permacultura, que aúna bioconstrución, natureza e agricultura. A obra comezou o luns pasado coa participación activa do alumnado. A idea xurdiu do propio centro como parte da súa filosofía educativa, moi vinculada co entorno que nos rodea, fronte ao mar e a natureza. 

O proxecto inclúe a construcción dunha pequena casa Kerterre, cuxa forma simula ás vivendas estilo hobbit pola súa estrutura circular e deseño a base de cal e de cáñamo. Nembargantes, trátase dunha arquitectura alternativa en armonía coa natureza e feita integramente a man. Torres defende a súa "resistencia á choiva e temporais" e o valor dunha técnica que  impulsou a francesa Evelyne Adam. 

A esta casiña, acompañaralle un xardín mandala cunha espiral de plantas aromáticas, unha horta con bancais elevados en forma de pétalos de flor, un bosque comestible e un forno de barro para pan e pizzas, en cuxa construción colaborarán os nenos e nenas. 

Torres atópase moi ilusionado con esta obra da que agarda que o resultado sexa "moi fermoso e un plus educativo para os pequenos". O artesán grovense prevé que para o 10 de xuño a estrutura estea moi avanzada e que os alumnado poida gozar dela durante o vindeiro curso. En novembro farase unha plantación de árbores froiteiras, arandos, frambuesas e amorodos.

Dende a dirección do centro procúrase que o obxectivo sexa que os pequenos coiden ese entorno xogando e aprendendo.



martes, 2 de junio de 2026

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO: ILLAS CÍES

 Xoves 21 de maio de 2025

Tras meses de espera, por fin chegou unha das actividades máis esperadas por parte de todo o alumnado:

A EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO.

Este ano o lugar elixido foi as ILLAS CÍES, un paraíso natural situado na ría de Vigo que é un dos destinos turísticos máis visitados de toda Galicia. Estas illas forman un arquipélago composto por 3 illas: Norte ou Monteagudo, do Medio ou do Faro, e Sur ou San Martiño.

As Illas Cíes foron declaradas Parque Natural en 1980 e incluídas no Parque Nacional M-T das illas atlánticas de Galicia creado no ano 2002, xunto á illa de Ons, Sálvora e Cortegada.

Preparados coas nosas mochilas e toda a ilusión do mundo, os alumnos/as e os mestres/as puxemos rumbo a Portonovo para coller o barco que nos levaría a este paraíso natural. Tras unha viaxe aproximada dunha hora, chegamos ao porto, onde nos estaban agardando as guías encargadas de organizar a visita.

Despois de organizarnos por ciclos e deixar as nosas mochilas, comezamos a facer unha ruta por diferentes lugares da illa, como o fermoso lago central. Polo camiño atopamos unha gran variedade de plantas e animaliños.

Logo, chegou a hora de comer, así que sentados/as comodamente á sombra empezamos a degustar a comida que preparou cada familia. Había de todo: pasta, polo, filetes empanados, tortilla... Estaba todo tan rico que ata as gaivotas viñan intentar coller a nosa comida. Ao rematar fomos mercar un xeado ao bar que estivo delicioso.

Pola tarde, vestimos o bañador e puxemos rumbo á praia de Rodas, galardoada co título de "A mellor praia do mundo" polo recoñecido diario británico "The Guardian". Aí realizamos diferentes xogos e, xa que o día acompañaba, algúns nenos/as déronse un chapuzón.

Xa era hora de volver, así que regresamos ao porto onde esperamos ao barco que nos trouxo de volta a Portonovo e aí nos agardaba o autobús que nos levou ata o colexio.

Sen dúbida foi unha excursión excelente nun espazo natural altamente protexido no que desfrutamos ao máximo da natureza.

Se tedes pensado realizar unha visita e queredes máis información, premede aquí para acceder á paxina web das Illas Cíes.

Para acceder á galería e ver todas as fotos da xornada, premede na seguinte fotografía.



https://boxabalar.edu.xunta.gal/index.php/apps/photos/public/kFVbONAzbWidnaSlPifNlCasjFLPK55p

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipasbizocas/system/files/u2/20260521_123217_web.jpg

miércoles, 18 de junio de 2025

LAND ART

 O Land Art é un moviimento artístico que se caracteriza por empregar o medio natural e os seus materiais coma terra, rochas, vexetación, paus... para a elaboración de obras de arte e sen danar ou modificar o espazo natural no que se crea.

Deste xeito, o alumnado de 3º e 4º de EP e de maneira cooperativa,  dispúxose a crear as súas propias obras de arte na nosa contorna do colexio e nunha paraxe tan especial coma é a praia que temos xusto en fronte. 

Esta foi a actividade que poñía punto e final ao seu traballo de todo o curso no PDI´24/25 da nosa escola "Pequenos Artistas".

Aquí podedes ver estas obras efímeras pero que, non por iso, deixan de ser valiosas para todos eles/as e para nós.











viernes, 7 de junio de 2024

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 Ademais de realizar unha pequena manifestación polo día do medio ambiente, reivindicando o coidado da natureza e do entorno, o alumnado do CEIP As Bizocas levou a cabo un roteiro ata o Adro Vello facendo "plogging" (recollida de basura mentres se realiza unha actividade saudable como é camiñar).



Fotos da xornada aquí aquí 




DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 O pasado venres 5 de xuño, todo o alumnado do Ceip As Bizocas saíu a facer unha andaina pola contorna con varios obxectivos na súa mente. P...