Mostrando entradas con la etiqueta XORNADAS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta XORNADAS. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de diciembre de 2024

3 DE DECEMBRO. DÍA MUNDIAL DA DISCAPACIDADE

 Este ano quixemos por en valor o enorme esforzo, sacrificio e exemplo de superación que cada día nos amosan miles de persoas ao noso arredor. Persoas con algún tipo de discapacidade e diversidade funcional que lles impide levar a cabo unha vida tan doada coma a que podemos ter nós; non poder comunicarse, incapacidade para desplazarse, non discernir o que nos rodea, falta de comprensión pola sociedade... son moitas as dificultades coas que se atopan no día a día. 

Por iso, desde a comunidade do CEIP As Bizocas berramos e esiximos unha maior conciencia, respecto e tolerancia. Loitemos por unha sociedade máis igualitaria e concienciada coas dificultades que amosan moitas persoas (moitas veces incluso veciños, familiares..) e que sen embargo, non somos quenes de valorar de maneira axeitada, non somos quenes de poñernos no seu lugar nin de facilitar axudas que lles permitan levar unha vida o máis digna posible.

Pedimos unha maior CONCIENCIACIÓN  da sociedade.    


    

Ao longo da semana, durante as sesións de EF, o alumnado experimentou distintas situacións motrices nas que tiñan que levar a cabo distintas accións coa dificultade engadida de presentarllas con limitacións físicas, provocando así a solicitude de axuda cara os compañeiros/as, a cooperación e ao mesmo tempo crearlles concienciación sobre as situacións da vida cotiá que sofren moitas persoas discapacitadas.

Tamén, coñeceron diferentes deportes e actividades físicas adaptadas para que todo o mundo teña acceso e poida disfrutar dunha vida máis plena e coa maior calidade posible, xa que o deporte é fundamental non só para mellorar a condición física, sinon tamén para fomentar a socialización e promover bos hábitos de vida e coidar tamén da nosa saúde mental.

domingo, 14 de abril de 2024

ORIENTACIÓN DEPORTIVA 6º CURSO

 Despois de traballar a unidade didáctica de "Orientación deportiva" co alumnado de 6º curso, aprendendo desta maneira a orientarse coa axuda dun mapa e un compás, os nenos e nenas participaron nunha xornada na Illa das Esculturas en Pontevedra. 

Foi todo un éxito!


Enlace das fotos aquí 




martes, 5 de marzo de 2024

XOGADE - ENCONTROS MES DE FEBREIRO 3º CICLO

      Neste mes de febreiro tocounos visitar o CEIP San Bartolomé (Vilanova de Arousa) para participar nos encontros deportivos entre centros educativos.

      O alumnado de 5º e 6º curso practicou deportes como datchball, bádminton, balonmán, baloncesto ou fútbol, ademais de poder convivir e coñecer máis de cerca a dinámica doutro CEIP e ao seu alumnado.

Fotos do evento, pulsando aquí




miércoles, 28 de febrero de 2024

XOGADE - MES DE FEBREIRO 2º CICLO

      No mes de febreiro, o xogade intercentros deportivos de 2º ciclo realizouse no pavillón Monte Da Vila co alumnado do CEIP de Vilalonga.

      A pesares de certos problemas alleos ao centro relacionados co transporte e a solicitude do pavillón, a xornada exprimiuse o máximo posible para poder practicar os deportes que tanto lles gustan ás nenas e ós nenos.




lunes, 16 de octubre de 2023

XORNADA BALONCESTO (CLUBE BALONCESTO MECO)


O pasado día 28 de setembro, o noso alumnado (dende 5º de EI ata 6º curso de EP) puido poñer en práctica os consellos e exercicios propostos polos amigos do Clube Baloncesto Meco. 

Dende este clube nos indican que precisan nenos e nenas para formar equipo e poder participar na Liga local. 

Foi unha xornada moi divertida, grazas!



DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 O pasado venres 5 de xuño, todo o alumnado do Ceip As Bizocas saíu a facer unha andaina pola contorna con varios obxectivos na súa mente. P...