Outro curso máis, o noso alumnado participa nunha campaña de promoción de consumo de froita. Para elo, e ao longo das dúas primeiras semanas de maio, repartíronse mazás, peras, uvas, plátanos, mandarinas, fresas...
EDUCACIÓN FÍSICA AS BIZOCAS
Blog da materia de educación física no CEIP As Bizocas de O Grove
lunes, 18 de mayo de 2026
ENFERMEIRA EN EDUCACIÓN INFANTIL
Luns 27 de abril de 2026
Hoxe tivemos a sorte de contar coa visita de Nataly, enfermeira do centro de saúde do Grove, que levou a cabo unha pequena e moi interesante actividade co alumnado de Educación Infantil.
Durante a sesión traballaron a importancia da hixiene bucodental, aprendendo como lavar correctamente os dentes a través de explicacións adaptadas e dinámicas moi participativas.
Ademais, tamén abordaron a alimentación saudable, diferenciando entre alimentos beneficiosos para a saúde e outros que convén consumir con moderación.
Para rematar, realizaron unha actividade experimental moi chamativa, na que puideron observar como o xabón facía que a pementa se afastase das mans, entendendo así de forma visual a importancia da hixiene.
Queremos agradecer sinceramente a Nataly a súa visita, a súa cercanía e a maneira tan amena de achegar eses contidos tan importantes ao noso alumnado.
Foi unha experiencia moi enriquecedora par todos e todas!
RECOLLIDA SOLIDARIA DE ALIMENTOS
Martes 3 de febreiro de 2026
Un ano máis realizamos a recollida solidaria de alimentos destinada ao BANCO DE ALIMENTOS RÍAS BAIXAS.
Grazas á colaboración de toda a comunidade educativa, recollemos unha boa cantidade de comida que desde o banco de alimentos repartirán ás familias que máis o necesitan.
Esta mañá fixemos a entrega. Esperamos que chegue á maior cantidade de persoas posible.
GRAZAS POR TODA A SOLIDARIEDADE RECIBIDA!
MERENDAS SAUDABLES NAS XORNADAS DO XOGADE
O alumnado do Ceip As Bizocas participou, ao longo de todo o curso, no Programa XOGADE. Foron carreiras de campo a través, xornadas de Multideporte... Todas elas, con outros nenos e nenas que forman parte da Asociación Deportiva do Val do Salnés e dos centros da nosa comarca. Puidemos coñecer e gozar coas novas amizades, e sempre o fixemos dende unha perspectiva saudable, aportando en todas as nosas actividades merendas saudables.
O consumo de froita foi unha constante en todas elas, tentando dotar estas actividades de promoción de hábitos saudables dun ambiente de afecto e confianza, incorporar experiencias de aprendizaxe significativas e aproveitar as rutinas diarias (merendas, almorzos, etc) como momentos significativos para consolidar hábitos alimentarios, así como buscar a funcionalidade do que aprenden e que teña unha transferencia á vida cotiá.
SUPERMERCADO EN 4º EP
O alumnado de 4º de EP está a montar o seu propio mercado de aula. Desta maneira, aplicamos as operacións matemáticas para cobrar e calcular, analizamos as etiquetas nutricionais, valoramos a publicidade dos alimentos ou establecemos relacións entre alimento/calidade/prezo/dispoñibilidade.
miércoles, 13 de mayo de 2026
REPARTO DE LEITE
Na segunda quincena de abril, o noso alumnado, participou nunha campaña de reparto de leite promovida pola Xunta de Galicia nos centros educativos.
O principal obxectivo desta medida é potenciar o consumo de leite entre alumnado, creando así hábitos saudables que poidan manter no futuro.
martes, 12 de mayo de 2026
MERENDAS SAUDABLES
Dende o noso centro estamos moi concienciados coa importancia de levar unha alimentación saudable. Por iso, o noso alumnado, cumple co horario de merendas saudables e goza das mesmas no día a día. A adquisición e consolidación de hábitos alimentarios axeitados durante a educación primaria, así como a incorporación progresiva da promoción da saúde na comunidade escolar, é un dos nosos obxectivos para que poidan desenvolver as competencias necesarias e realizar eleccións saudables no futuro.
Non hai mais que ollar estas fotos e ver como o alumnado sabe apreciar o bo!
REPARTO DE FROITA
Outro curso máis, o noso alumnado participa nunha campaña de promoción de consumo de froita. Para elo, e ao longo das dúas primeiras semana...
-
Despois de traballar a unidade didáctica de " Orientación deportiva" co alumnado de 6º curso, aprendendo desta maneira a orientar...
-
Este venres, 8 de Novembro, a comunidade do CEIP As Bizocas disfrutamos dunha xornada moi especial na que celebramos o magosto. Poidemos c...

















