Este venres, 8 de Novembro, a comunidade do CEIP As Bizocas disfrutamos dunha xornada moi especial na que celebramos o magosto. Poidemos comer castañas asadas e tamén saborear os ricos bolos preñados de pan e chourizo.
Non quedou nadiña!!
Despois da comilona, divertímonos cos xogos tradicionais, nos que desde os máis pequeniños ata os maiores, percorreron de maneira conxunta, o circuito de xogos.
Non puido faltar tampouco, manchárnolas caras cos tizóns, despois das brasas coas que se asaron as castañas e mailos chourizos.
Un día xenial entre amigos/as e no que non faltou o bo tempo!
Saúde rapazada.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra visual do que aconteceu:
No hay comentarios:
Publicar un comentario