Esta é outra actividade relacionada coa temántica artística do noso PDI do centro " pequenos artistas" e na que, desde a nosa área, enfocamos a traballar principalmente a expresión corporal a través do movimento.
No exemplo que aparece a continuación, o alumnado debía investigar movimentos coa axuda de globos.
Non é o mesmo pedírllelo así, que se movan ou creen a súa propia coreografía sen máis, xa que se sentirían moito máis cortados e avergoñados, que ofrecéndollelo coa axuda dun globo que será quen os guíe inicialmente de maneira indirecta na creación dos seus movimentos, facendo que se sintan máis seguros de sí mesmos.