Mostrando entradas con la etiqueta XOGOS TRADICIONAIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta XOGOS TRADICIONAIS. Mostrar todas las entradas

lunes, 11 de mayo de 2026

XORNADA DEPORTES TRADICIONAIS-POPULARES EN NANTES-SANXENXO (05-05-26)

 O martes 5 de maio, o alumnado de 6º de Primaria viaxou ata o Campo da Billarda de Nantes (Sanxenxo) para coñecer algúns dos xogos e deportes tradicionais propios da nosa contorna. A actividade, que compartimos con varios institutos e colexios do Val do Salnés, englóbase dentro do Programa XOGADE.

Xogamos á billarda, aos bolos celtas e á chave. 

Deixámosvos unha pequena mostra fotográfica!!










lunes, 17 de noviembre de 2025

XOGOS DO MAGOSTO

 O pasado 10 de novembro celebramos o MAGOSTO no noso cole. Ademais de comer castañas e chourizos asados con pan, tamén fixemos uns xogos cos que nos divertimos moito. 

Deixámosvos algunha mostra fotográfica...










Fóichevos un día do máis divertido!!!


















XOGOS POPULARES E TRADICIONAIS

 A semana do 3 ao 7 de novembro, o alumnado do Ceip As Bizocas tivo a oportunidade de gozar, outro curso máis, de parte da colección de xogos populares e tradicionais cos que conta a Concellaría de Xuventude do Concello do Grove ao cargo de Cándido Mascato.

Foi moi divertido!!! Para mostra, deixámosvos algunhas fotografías...



       
  







 









  
 





 

 



martes, 27 de mayo de 2025

COÑECENDO NOVOS XOGOS TRADICIONAIS

 Co gallo da celebración do día das Letras Galegas, na súa semana posterior, poidemos disfrutar no colexio dun novo grupo de xogos tradicionais, que fomos coñecendo e familiarizándonos con eles durante as sesións de EF.

Xogos como os das Pías, o das Pontes, o dos Guás, dos Paxarolos, pecha a caixa, solitario francés,xogo dos mancos, esquís en parella, rodar o aro, carozos de millo.. foron algúns dos distintos xogos nos que puido participar  o noso alumnado.

Lembrar ao que xogaban os nosos antergos, entender que moitos xogos estaban relacionados con certas actividades, que daquela o tempo de lecer non existía nin se apreciaba coma hoxe en día.. son cuestións a reflexionar por todos nós así coma valorar, coidar e apreciar todo o seu legado que nos deixaron.









































DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 O pasado venres 5 de xuño, todo o alumnado do Ceip As Bizocas saíu a facer unha andaina pola contorna con varios obxectivos na súa mente. P...