Mostrando entradas con la etiqueta CONCIENCIACIÓN. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta CONCIENCIACIÓN. Mostrar todas las entradas

lunes, 8 de junio de 2026

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 O pasado venres 5 de xuño, todo o alumnado do Ceip As Bizocas saíu a facer unha andaina pola contorna con varios obxectivos na súa mente. Por un lado, quixemos facer unha recollida de lixo en conxunto para tomar conciencia da cantidade de cousas que as persoas tiramos ao chan de xeito incontrolado. Doutra banda, coñecemos a nosa contorna e fixemos actividade física dunha maneira agradable, divertida e útil.






E, ao final, recollemos unha boa cantidade de lixo!!!

viernes, 5 de junio de 2026

MELLORAMOS O NOSO PATIO CUNHA CASIÑA E UN HORTO ESCOLAR

 

José Luís Torres vai realizar un proxecto pioneiro no Ceip As Bizocas, que inclúe  unha casa estilo Hobbit, xardín, forno e horta con bancais. 



O grovense José Luís Torres, autor da Casa da Caracola, vai realizar unha obra pioneira no noso colexio: a transformación do patio escolar nun proxecto de permacultura, que aúna bioconstrución, natureza e agricultura. A obra comezou o luns pasado coa participación activa do alumnado. A idea xurdiu do propio centro como parte da súa filosofía educativa, moi vinculada co entorno que nos rodea, fronte ao mar e a natureza. 

O proxecto inclúe a construcción dunha pequena casa Kerterre, cuxa forma simula ás vivendas estilo hobbit pola súa estrutura circular e deseño a base de cal e de cáñamo. Nembargantes, trátase dunha arquitectura alternativa en armonía coa natureza e feita integramente a man. Torres defende a súa "resistencia á choiva e temporais" e o valor dunha técnica que  impulsou a francesa Evelyne Adam. 

A esta casiña, acompañaralle un xardín mandala cunha espiral de plantas aromáticas, unha horta con bancais elevados en forma de pétalos de flor, un bosque comestible e un forno de barro para pan e pizzas, en cuxa construción colaborarán os nenos e nenas. 

Torres atópase moi ilusionado con esta obra da que agarda que o resultado sexa "moi fermoso e un plus educativo para os pequenos". O artesán grovense prevé que para o 10 de xuño a estrutura estea moi avanzada e que os alumnado poida gozar dela durante o vindeiro curso. En novembro farase unha plantación de árbores froiteiras, arandos, frambuesas e amorodos.

Dende a dirección do centro procúrase que o obxectivo sexa que os pequenos coiden ese entorno xogando e aprendendo.



O IMPACTO DA TECNOLOXÍA NA INFANCIA E NA ADOLESCENCIA (Formación para as familias)

 Os claustros dos seis centros educativos do Grove levan tempo mostrando preocupación polos problemas asociados ao uso intensivo da tecnoloxía en idade escolar. Por iso, desde as direccións e Departamentos de Orientación animouse a asistir á conferencia do Doutor en Psicoloxía Social Antonio Rial Boubeta, especialista en adicións e uso problemático de internet en infancia e adolescencia. Fíxose un gran esforzo para contar con este profesional polo que fixo un chamamento a todas as familias para acudir á conferencia pretendendo que se convirta nun coloquio.


Na charla, por suposto, tratáronse temas relacionados cos trastornos na alimentación, a imaxe, a autoestima ou as consecuencias do sedentarismo e a diminución radical na actividade física. Realmente, foi todo un pracer poder contar con alguén tan capacitado para tratar todos estes temas.


MERCADO DE ALIMENTOS NA AULA

O  alumnado de 4º de EP creou o seu propio mercado de alimentos na aula. Cada alumno e alumna trouxo da casa diferentes envases de produtos da cesta da compra diaria. Con eles, aplicamos as operacións matemáticas para cobrar e calcular, estudamos as etiquetas nutricionais, establecemos relacións alimento/calidade/prezo/dispoñibilidade, situamos aos alimentos na pirámide ou valoramos a publicidade dos mesmos e as súas mensaxes.


Foi unha actividade moi enriquecedora!!




martes, 2 de junio de 2026

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO: ILLAS CÍES

 Xoves 21 de maio de 2025

Tras meses de espera, por fin chegou unha das actividades máis esperadas por parte de todo o alumnado:

A EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO.

Este ano o lugar elixido foi as ILLAS CÍES, un paraíso natural situado na ría de Vigo que é un dos destinos turísticos máis visitados de toda Galicia. Estas illas forman un arquipélago composto por 3 illas: Norte ou Monteagudo, do Medio ou do Faro, e Sur ou San Martiño.

As Illas Cíes foron declaradas Parque Natural en 1980 e incluídas no Parque Nacional M-T das illas atlánticas de Galicia creado no ano 2002, xunto á illa de Ons, Sálvora e Cortegada.

Preparados coas nosas mochilas e toda a ilusión do mundo, os alumnos/as e os mestres/as puxemos rumbo a Portonovo para coller o barco que nos levaría a este paraíso natural. Tras unha viaxe aproximada dunha hora, chegamos ao porto, onde nos estaban agardando as guías encargadas de organizar a visita.

Despois de organizarnos por ciclos e deixar as nosas mochilas, comezamos a facer unha ruta por diferentes lugares da illa, como o fermoso lago central. Polo camiño atopamos unha gran variedade de plantas e animaliños.

Logo, chegou a hora de comer, así que sentados/as comodamente á sombra empezamos a degustar a comida que preparou cada familia. Había de todo: pasta, polo, filetes empanados, tortilla... Estaba todo tan rico que ata as gaivotas viñan intentar coller a nosa comida. Ao rematar fomos mercar un xeado ao bar que estivo delicioso.

Pola tarde, vestimos o bañador e puxemos rumbo á praia de Rodas, galardoada co título de "A mellor praia do mundo" polo recoñecido diario británico "The Guardian". Aí realizamos diferentes xogos e, xa que o día acompañaba, algúns nenos/as déronse un chapuzón.

Xa era hora de volver, así que regresamos ao porto onde esperamos ao barco que nos trouxo de volta a Portonovo e aí nos agardaba o autobús que nos levou ata o colexio.

Sen dúbida foi unha excursión excelente nun espazo natural altamente protexido no que desfrutamos ao máximo da natureza.

Se tedes pensado realizar unha visita e queredes máis información, premede aquí para acceder á paxina web das Illas Cíes.

Para acceder á galería e ver todas as fotos da xornada, premede na seguinte fotografía.



https://boxabalar.edu.xunta.gal/index.php/apps/photos/public/kFVbONAzbWidnaSlPifNlCasjFLPK55p

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipasbizocas/system/files/u2/20260521_123217_web.jpg

martes, 19 de mayo de 2026

FACEMOS AS NOSAS MERENDAS NO COLEXIO

 O alumnado de  3º de EP dispúxose, nesta ocasión, a continuar elaborando as súas propias merendas saudables, como xa o fixera con anterioridade. Desta volta, elaboraron uns bocadillos ben saborosos con leituga, tomate, cebola... e outros ingredientes que cadaquén ía aportando segundo a súa apetencia e preferencias.

O resultado fóichevos ben bo!!! Mirade como lles prestou!!






lunes, 18 de mayo de 2026

REPARTO DE FROITA

 Outro curso máis, o noso alumnado participa nunha campaña de promoción de consumo de froita. Para elo, e ao longo das dúas primeiras semanas de maio, repartíronse mazás, peras, uvas, plátanos, mandarinas, fresas...


A verdade é que os recreos foron moito máis ricos!!!



ENFERMEIRA EN EDUCACIÓN INFANTIL

 Luns 27 de abril de 2026

Hoxe tivemos a sorte de contar coa visita de Nataly, enfermeira do centro de saúde do Grove, que levou a cabo unha pequena e moi interesante actividade co alumnado de Educación Infantil.

Durante a sesión traballaron a importancia da hixiene bucodental, aprendendo como lavar correctamente os dentes a través de explicacións adaptadas e dinámicas moi participativas.

Ademais, tamén abordaron a alimentación saudable, diferenciando entre alimentos beneficiosos para a saúde e outros que convén consumir con moderación.

Para rematar, realizaron unha actividade experimental moi chamativa, na que puideron observar como o xabón facía que a pementa se afastase das mans, entendendo así de forma visual a importancia da hixiene.

Queremos agradecer sinceramente a Nataly a súa visita, a súa cercanía e a maneira tan amena de achegar eses contidos tan importantes ao noso alumnado.

Foi unha experiencia moi enriquecedora par todos e todas!





 

RECOLLIDA SOLIDARIA DE ALIMENTOS

 Martes 3 de febreiro de 2026

Un ano máis realizamos a recollida solidaria de alimentos destinada ao BANCO DE ALIMENTOS RÍAS BAIXAS.

Grazas á colaboración de toda a comunidade educativa, recollemos unha boa cantidade de comida que desde o banco de alimentos repartirán ás familias que máis o necesitan.

Esta mañá fixemos a entrega. Esperamos que chegue á maior cantidade de persoas posible.

GRAZAS POR TODA A SOLIDARIEDADE RECIBIDA!

 



MERENDAS SAUDABLES NAS XORNADAS DO XOGADE

O alumnado do Ceip As Bizocas participou, ao longo de todo o curso, no Programa XOGADE. Foron carreiras de campo a través, xornadas de Multideporte... Todas elas, con outros nenos e nenas que forman parte da Asociación Deportiva do Val do Salnés e dos centros da nosa comarca. Puidemos coñecer e gozar coas novas amizades, e sempre o fixemos dende unha perspectiva saudable, aportando en todas as nosas actividades merendas saudables.

O consumo de froita foi unha constante en todas elas, tentando dotar estas actividades de promoción de hábitos saudables dun ambiente de afecto e confianza, incorporar experiencias de aprendizaxe significativas e aproveitar as rutinas diarias (merendas, almorzos, etc) como momentos significativos para consolidar hábitos alimentarios, así como buscar a funcionalidade do que aprenden e que teña unha transferencia á vida cotiá.


SUPERMERCADO EN 4º EP

 O alumnado de 4º de EP está a montar o seu propio mercado de aula. Desta maneira, aplicamos as  operacións matemáticas para cobrar e calcular, analizamos as etiquetas nutricionais, valoramos a publicidade dos alimentos ou establecemos relacións entre alimento/calidade/prezo/dispoñibilidade.

miércoles, 13 de mayo de 2026

REPARTO DE LEITE

 Na segunda quincena de abril, o noso alumnado, participou nunha campaña de reparto de leite promovida pola Xunta de Galicia nos centros educativos. 

O principal obxectivo desta medida é potenciar o consumo de leite entre alumnado, creando así hábitos saudables que poidan manter no futuro.








martes, 12 de mayo de 2026

MERENDAS SAUDABLES

 Dende o noso centro estamos moi  concienciados coa importancia de levar unha alimentación saudable. Por iso, o noso alumnado, cumple co horario de merendas saudables e goza das mesmas no día a día. A adquisición e consolidación de hábitos alimentarios axeitados durante a educación primaria, así como a incorporación progresiva da promoción da saúde na comunidade escolar, é un dos nosos obxectivos para que poidan desenvolver as competencias necesarias e realizar eleccións saudables no futuro.

Non hai mais que ollar estas fotos e ver como o alumnado sabe apreciar o bo!









miércoles, 29 de abril de 2026

SAÍDA AO QUINTEIRO DE TEMPERÁN 2.º CICLO


Mércores 19 de novembro de 2025

Esta mañá os nenos e nenas de 3.º e 4.º de Primaria puxeron rumbo ao Quinteiro de Temperán, unha antiga casa agraria do século XVIII restaurada e adaptada a un uso etnográfico, cultural, didáctico e turístico.

Ademais da visita, nela poden realizarse diferentes obradoiros. No noso caso participamos nos obradoiros de cereais e elaboración de pan.

Os cativos/as recoñeceron e diferenciaron as variedades de millo, trigo e centeo; amasaron e cociñaron o seu propio pan; viron formas de aproveitar a planta do millo, por exemplo o follato para facer xergóns e bonecas, infusións coa barba, comida e cama para os animais, e moito máis!

Por se fora pouco tamén viron artesas, candís, muíños de pedra, xabrón artesán.... Foi unha mañá moi proveitosa.

Aquí vos deixamos unhas fotos como resumo da saída!



martes, 9 de diciembre de 2025

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE (3 DECEMBRO)

 Ao longo destes días, estivemos realizando algunhas actividades físicas e xogos que nos axudaron a poñernos no lugar das persoas que teñen algún tipo de discapacidade. Aprendemos a recoñecer cales son algunhas das dificultades ás que se enfrontan no seu día a día. 

Pero tamén, que NON EXISTEN LIMITACIÓNS que nos impidan acompañalos e divertírnonos xuntos xogando a moitas cousas.



                               








DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 O pasado venres 5 de xuño, todo o alumnado do Ceip As Bizocas saíu a facer unha andaina pola contorna con varios obxectivos na súa mente. P...