Mostrando entradas con la etiqueta BALONCESTO. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta BALONCESTO. Mostrar todas las entradas

viernes, 28 de marzo de 2025

XORNADAS MULTIDEPORTE PARA O 3º CICLO DE EP NO CEIP AS BIZOCAS.

    Este mércores, 26 de marzo, os cursos de 5º e 6º participaron como anfitrións dos compañeiros/as do Ceip Magaláns-Dorrón que viñeron, coma visitantes, para participar nunha nova xornada multideportiva e de convivencia.

Foi unha xornada chea de experiencias lúdicas e de disfrute do deporte como fonte de saúde e tamén coma  medio para facer novos amigos e amigas, desta vez dun colexio novo.

Todo o alumnado puido participar en distintas estacións deportivas polas que foron pasando ao longo da actividade.

E segundo me contan, pasárono xenial!

Ata a seguinte!











XORNADA MULTIDEPORTE NO CEIP A FLORIDA PARA 3º E 4º CURSO DE EP.

 O martes pasado, 25 de marzo, o alumnado de 3º e 4º curso de EP desprazouse ata o Ceip A Florida de Sanxenxo para participar nunha nova actividade de convivencia deportiva coa finalidade de fomentar a actividade física, o disfrute polo xogo e a socialización con novos/as compañeiros/as doutros centros escolares.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o pasaron.

Ata a próxima xentiña!








martes, 25 de febrero de 2025

Xornada de convivencia e multideporte co alumnado do Ceip Conmeniño!

 Hoxe disfrutamos dunha xornada multideportiva no Pavillón do Grove e na que poidemos compartir un bo momento cos compañeiros/as do Ceip Conmeniño.
A actividade de hoxe estaba dirixida para o alumnado de 3º Ciclo de EP (5º e 6º) e nelas poidemos participar en xogos de iniciación ao balonmán, baloncesto, bádminton, dachball, fútbol-sala...
A verdade é que se nos fixo curta a xornada de convivencia xa que o pasamos xenial.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra fotográfica.

A seguir movéndose e disfrutando da actividade física!!!





















lunes, 10 de febrero de 2025

Xornadas multideportivas e de convivencia co Ceip Rosalía de Castro

Moi boas rapazada!

Desta vez, traémosvos as imaxes das fantásticas xornadas multideportivas e de convivencia que levamos a cabo cos amigos/as do colexío Rosalía de Castro do Grove.

Estas actividades estaban dirixidas para os cursos de 3º e 4º de EP (o día 28 de xaneiro) e para o terceiro ciclo de EP, é dicir, 5º e 6º (o día 29 de xaneiro). Nelas, poidemos disfrutar de xogos de presentación e animación, así como, xogos predeportivos e de iniciación ao baloncesto, bádminton, tenis de mesa, dachball, futbol-sala...

Debemos agradecer aos nosos/as amigos/as do Ceip Rosalía de Castro pola súa, moi boa, acollida e tamén polo bo facer e a boa organización do seu mestre de EF, Cibrán.

Certo é que o pasamos xenial e puidemos coñecer un novo colexio, saudar a amigos/as que xa coñeciamos e tamén ter a oportunidade de compartir "xogos" e actividade física con nova xente.

Aquí tedes a pequena reportaxe gráfica das xornadas na que participastes.

Saúdos rapazada!















lunes, 16 de octubre de 2023

XORNADA BALONCESTO (CLUBE BALONCESTO MECO)


O pasado día 28 de setembro, o noso alumnado (dende 5º de EI ata 6º curso de EP) puido poñer en práctica os consellos e exercicios propostos polos amigos do Clube Baloncesto Meco. 

Dende este clube nos indican que precisan nenos e nenas para formar equipo e poder participar na Liga local. 

Foi unha xornada moi divertida, grazas!



DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 O pasado venres 5 de xuño, todo o alumnado do Ceip As Bizocas saíu a facer unha andaina pola contorna con varios obxectivos na súa mente. P...