O pasado venres 5 de xuño, todo o alumnado do Ceip As Bizocas saíu a facer unha andaina pola contorna con varios obxectivos na súa mente. Por un lado, quixemos facer unha recollida de lixo en conxunto para tomar conciencia da cantidade de cousas que as persoas tiramos ao chan de xeito incontrolado. Doutra banda, coñecemos a nosa contorna e fixemos actividade física dunha maneira agradable, divertida e útil.
lunes, 8 de junio de 2026
DÍA DO MEDIO AMBIENTE
viernes, 5 de junio de 2026
O IMPACTO DA TECNOLOXÍA NA INFANCIA E NA ADOLESCENCIA (Formación para as familias)
Os claustros dos seis centros educativos do Grove levan tempo mostrando preocupación polos problemas asociados ao uso intensivo da tecnoloxía en idade escolar. Por iso, desde as direccións e Departamentos de Orientación animouse a asistir á conferencia do Doutor en Psicoloxía Social Antonio Rial Boubeta, especialista en adicións e uso problemático de internet en infancia e adolescencia. Fíxose un gran esforzo para contar con este profesional polo que fixo un chamamento a todas as familias para acudir á conferencia pretendendo que se convirta nun coloquio.
martes, 2 de junio de 2026
EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO: ILLAS CÍES
Xoves 21 de maio de 2025
Tras meses de espera, por fin chegou unha das actividades máis esperadas por parte de todo o alumnado:
A EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO.
Este ano o lugar elixido foi as ILLAS CÍES, un paraíso natural situado na ría de Vigo que é un dos destinos turísticos máis visitados de toda Galicia. Estas illas forman un arquipélago composto por 3 illas: Norte ou Monteagudo, do Medio ou do Faro, e Sur ou San Martiño.
As Illas Cíes foron declaradas Parque Natural en 1980 e incluídas no Parque Nacional M-T das illas atlánticas de Galicia creado no ano 2002, xunto á illa de Ons, Sálvora e Cortegada.
Preparados coas nosas mochilas e toda a ilusión do mundo, os alumnos/as e os mestres/as puxemos rumbo a Portonovo para coller o barco que nos levaría a este paraíso natural. Tras unha viaxe aproximada dunha hora, chegamos ao porto, onde nos estaban agardando as guías encargadas de organizar a visita.
Despois de organizarnos por ciclos e deixar as nosas mochilas, comezamos a facer unha ruta por diferentes lugares da illa, como o fermoso lago central. Polo camiño atopamos unha gran variedade de plantas e animaliños.
Logo, chegou a hora de comer, así que sentados/as comodamente á sombra empezamos a degustar a comida que preparou cada familia. Había de todo: pasta, polo, filetes empanados, tortilla... Estaba todo tan rico que ata as gaivotas viñan intentar coller a nosa comida. Ao rematar fomos mercar un xeado ao bar que estivo delicioso.
Pola tarde, vestimos o bañador e puxemos rumbo á praia de Rodas, galardoada co título de "A mellor praia do mundo" polo recoñecido diario británico "The Guardian". Aí realizamos diferentes xogos e, xa que o día acompañaba, algúns nenos/as déronse un chapuzón.
Xa era hora de volver, así que regresamos ao porto onde esperamos ao barco que nos trouxo de volta a Portonovo e aí nos agardaba o autobús que nos levou ata o colexio.
Sen dúbida foi unha excursión excelente nun espazo natural altamente protexido no que desfrutamos ao máximo da natureza.
Se tedes pensado realizar unha visita e queredes máis información, premede aquí para acceder á paxina web das Illas Cíes.
Para acceder á galería e ver todas as fotos da xornada, premede na seguinte fotografía.
lunes, 11 de mayo de 2026
XORNADA DEPORTES TRADICIONAIS-POPULARES EN NANTES-SANXENXO (05-05-26)
O martes 5 de maio, o alumnado de 6º de Primaria viaxou ata o Campo da Billarda de Nantes (Sanxenxo) para coñecer algúns dos xogos e deportes tradicionais propios da nosa contorna. A actividade, que compartimos con varios institutos e colexios do Val do Salnés, englóbase dentro do Programa XOGADE.
Xogamos á billarda, aos bolos celtas e á chave.
Deixámosvos unha pequena mostra fotográfica!!
lunes, 20 de abril de 2026
4ª XORNADA ENCONTROS MULTIDEPORTIVOS. CEIP AS BIZOCAS-CEIP ROSALÍA DE CASTRO 15-04-2026
Este mércores 15 de abril, rematamos coa cuarta e última das Xornadas de Encontros Multideportivos (XOGADE) cos nosos compañeiros e compañeiras do Ceip Rosalía de Castro do Grove. A algúns xa os coñeciamos de antes pero non perdemos a ocasión de facer novas amizades.
Foi unha xornada chea de actividade física e diversión!!
martes, 14 de abril de 2026
4ª Xornada Encontros Multideportivos CEIP As Bizocas- CEIP Magaláns-Dorrón (14-04-2026)
O alumnado de 6º de Primaria tivo o pracer de contar hoxe coa visita do alumnado do Ceip Magaláns-Dorrón (Sanxenxo). Así, tivemos a oportunidade de reencontrarnos coas amigas e amigos que fixeramos nunha xornada anterior e na que eles fixeran de anfitrións.
lunes, 23 de marzo de 2026
3ª XORNADA MULTIDEPORTE ALEVÍN COLEXIO ABRENTE-CEIP AS BIZOCAS (18-03-2026)
O mércores 18 de marzo, tocounos desprazarnos ata o Colexio Abrente en Portonovo, xunto co alumnado do Ceip Conmeniño e onde nos recibiron realmente ben. Alí, puidemos pasar unha mañá cargada de novos amigos e actividade física.
3ª XORNADA ENCONTROS MULTIDEPORTIVOS BENXAMÍN CEIP AS BIZOCAS-COLEXIO ABRENTE
O pasado martes 17 de marzo, o alumnado de 3º e 4º de Primaria puido gozar dunha nova xornada dos Encontros Multideportivos cos compañeiros e compañeiras do Colexio Abrente. Desta volta tocounos actuar como locais e anfitrións.
A xornada estivo xenial e coñecemos un montón de novos amigos e amigas.
Deixámosvos unha pequena mostra fotográfica do que foi este día tan especial.
lunes, 2 de marzo de 2026
2ª XORNADA MULTIDEPORTE BENXAMÍN. CEIP PORTONOVO-CEIP AS BIZOCAS (25-02-2026)
Se o día anterior nos tocou facer de locais, o mércores 25 de febreiro fixemos de visitantes viaxando ata o veciño Concello de Sanxenxo, ao CEIP de Portonovo. Desta volta, foi o alumnado de 3º e 4º de EP quen se desprazou ata alá para vivir unha nova Xornada Multideporte.
Pasámolo xenial!! Moitísimas grazas aos compañeiros e compañeiras de Portonovo por facernos pasar unha mañá tan espectacular!!!
DÍA DO MEDIO AMBIENTE
O pasado venres 5 de xuño, todo o alumnado do Ceip As Bizocas saíu a facer unha andaina pola contorna con varios obxectivos na súa mente. P...
-
Durante o curso 2023/24 o CEIP As Bizocas participou no programa NUTRIESCOLAS do PLAN PROXECTA. Grazas a este programa, recibimos froita e ...
-
O mércores 24 o alumnado de 5º e 6º curso acudiu ao Colexio Abrente para participar na xornada nultideporte da zona do Salnés. Dat...
-
Como ben sabedes, no CEIP As Bizocas mantemos unha rotación de deportes para cada día da semana. Isto permite que o tempo de lecer sex...




















































