martes, 21 de noviembre de 2023

XOGOS TRADICIONAIS EN NANTES

   Os xogos tradicionais forman parte da nosa cultura, a súa riqueza e valor debe ser transmitido de xeración en xeración. É por isto que quixemos aproveitar a oportunidade de practicar a Billarda, os bolos celtas e a chave nas instalacións do parque de Nantes.

Pasámolo moi ben e aprendemos a partes iguais!










CROSS EN MONTALVO - XOGADE

    O 15 de novembro o alumnado do CEIP As Bizocas desprazouse ao pinar de Montalvo (Sanxenxo) para correr o cross de Xogade. Os nenos e nenas de 2º curso ata 6º curso puideron vivir a experiencia de correr con rapaces doutros centros educativos.

Non só corremos, tamén aprendemos valores importantes como o ESFORZO, O COMPAÑEIRISMO ou o XOGO LIMPO.


Noraboa a todos e todas! Estar na liña de saída xa era todo un reto! 

Para ver tódalas fotos premede AQUÍ.



3 DE DECEMBRO. DÍA MUNDIAL DA DISCAPACIDADE

 Este ano quixemos por en valor o enorme esforzo, sacrificio e exemplo de superación que cada día nos amosan miles de persoas ao noso arredo...