lunes, 18 de diciembre de 2023

MOCHILA VIAXEIRA DEPORTIVA

     Neste primeiro trimestre o alumnado do CEIP As Bizocas xa está realizando a dinámica da mochila viaxeira deportiva. Espero que xoguedes moito co material, sós ou en familia!

Calquera dúbida relacionada coa mochila podedes escribir a educacionfisicabizocas@gmail.com :)

LIMPEZA DE PRAIAS- ACTIVIDADE AFUNDACIÓN

    Coincidindo co Día do Voluntariado, máis de 65 persoas voluntarias, a grande maioría estudantes e profesorado do CEIP As Bizocas, participaron nunha intensa xornada de voluntariado ambiental adiacada á retirada de lixo mariño nas praias de Area da Cruz e Raeiros.

Podedes ver a noticia coas fotos da xornada aquí.





jueves, 14 de diciembre de 2023

DEPORTE ADAPTADO- DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O pasado 3 de decembro foi o día internacional das persoas con discapacidade. Dende a EF realizamos varias sesións de deporte adaptado para poñernos na pel de persoas con discapacidade física ou sensorial... e foi todo un éxito! 

Baloncesto en "cadeira de rodas", xogos de lazarillo (falta de visión), tarefas de discapacidade física...todo isto fixo que seamos conscientes das dificultades coas que se poden atopar estas personas e poder ter máis empatía cara elas.



PROMOCIÓN DO BALONMÁN- CLUBE BALONMÁN RASOEIRO

     Durante a semana do 20 ao 24 de novembro, o alumnado de educación primaria do CEIP As Bizocas tivo a oportunidade de realizar unha sesión de promoción do balonmán en Educación Física. 

    Puidemos coñecer máis de cerca este deporte e o Clube B. Rasoeiro, que ten escola deportiva e fomenta a actividade física de maneira lúdica para os máis cativos. Animádevos a parcticalo!














DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 Ademais de realizar unha pequena manifestación polo día do medio ambiente, reivindicando o coidado da natureza e do entorno, o alumnado do ...