O mércores 24 o alumnado de 5º e 6º curso acudiu ao Colexio Abrente para participar na xornada nultideporte da zona do Salnés.
Datchball, xadrez, bádminton, balonmán ou baloncesto foron algúns deportes realizados con moito éxito. Aprendemos valores asociados ao deporte como o compañeirismo, a cooperación ou o saber gañar e saber perder.
Sen dúbida, repetiremos!