martes, 5 de marzo de 2024

ATLETISMO EN PISTA - 4º CURSO

      Estupenda xornada de atletismo hoxe en Pontevedra! 

      As nosas nenas e nenos de cuarto curso desprazáronse ata o Centro Galego de Tecnificación Deportiva (Pontevedra) para poder realizar un auténtico atletismo en pista, participando así nas modalidades de lanzamentos, saltos e carreiras (incluíndo remudas). 

      Noraboa a todas e todos pola vosa implicación e entusiasmo!

Fotos do evento aquí.



XOGADE - ENCONTROS MES DE FEBREIRO 3º CICLO

      Neste mes de febreiro tocounos visitar o CEIP San Bartolomé (Vilanova de Arousa) para participar nos encontros deportivos entre centros educativos.

      O alumnado de 5º e 6º curso practicou deportes como datchball, bádminton, balonmán, baloncesto ou fútbol, ademais de poder convivir e coñecer máis de cerca a dinámica doutro CEIP e ao seu alumnado.

Fotos do evento, pulsando aquí




DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 Ademais de realizar unha pequena manifestación polo día do medio ambiente, reivindicando o coidado da natureza e do entorno, o alumnado do ...