Durante a semana das letras galegas tivemos a sorte de poder volver contar cos xogos tradicionais de Cándido Mascato.
No día 16, en pequenos grupos internivel, o alumnado xogou con eles a tope!
Durante a semana das letras galegas tivemos a sorte de poder volver contar cos xogos tradicionais de Cándido Mascato.
No día 16, en pequenos grupos internivel, o alumnado xogou con eles a tope!
O noso alumno Yago Ochoa, de sexto curso, prestouse a facer unha exposición do deporte que practica: o remo.
Explicounos as modalidades que hai, así como as competicións ou mesmo aspectos importantes do adestramento deste deporte.
Moitas grazas Yago, foi moi interesante e fixéchelo de marabilla!
Un dos propósitos da LOMLOE, así coma do Decreto 155/2022 de 15 de setembro é a promoción dos hábitos e estilos de vida saudables, polo que dende a educación física, queremos formentar aquelas actividades que o alumnado poida usar para o seu tempo de ocio de forma activa e constructiva.
O paddle surf é unha actividade física que aínda que ten a súa perspectiva competitiva, tamén pode realizarse de maneira lúdica e recreativa, e así nolo explicaron Ángel e Begoña.
Tivemos unha xornada de promoción deste deporte na praia do Espiño e ademais de aprender, pasámolo en grande!
Máis fotos aquí.aquí.
O pasado día 24 de maio, o alumnado de 3º, 5º e 6º de Educación Primaria participou nunha sesión de promoción do fútbol gaélico grazas á labor dun dos adestradores deste deporte no Grove, acompañado dun xuíz e xogador da zona.
Aprendemos a técnica do gaélico e traballamos así a nosa motricidade.
Grazas Paco!
Fotos do día aquí aquí.
Ademais de realizar unha pequena manifestación polo día do medio ambiente, reivindicando o coidado da natureza e do entorno, o alumnado do ...