martes, 27 de enero de 2026

1ª XORNADA MULTIDEPORTE ALEVÍN 21-01-2026

 Se o día anterior comezabamos coas primeiras Xornadas Multideporte co alumnado de 3º e 4º, nesta ocasión tocoulle a ocasión aos maiores de 5º e 6º de Primaria. Algo nerviosos e con moita ilusión, viaxamos ata o Concello de Sanxenxo para compartir actividade cos nenos e nenas do Ceip Magaláns-Dorrón.

Portáronse xenial con nós, ensinándonos o seu colexio e xogando xuntos coma se fosemos compañeiros/as de sempre. Moitas grazas por todo!!!



 








1ª XORNADA MULTIDEPORTE BENXAMÍN

 O pasado martes 20 de xaneiro comezamos coa primeira das Xornadas de Multideporte, encadradas dentro do Programa XOGADE. Nesta ocasión, o alumnado de 3º e 4º de Primaria fixo de anfitrión cos nosos compañeiros e compañeiras do Ceip Rosalía de Castro do Grove.

                                                             

 

Foi unha mañá fantástica na compaña dos nosos compañeiros e compañeiras do Rosalía!!


             
 
  

1ª XORNADA MULTIDEPORTE ALEVÍN 21-01-2026

 Se o día anterior comezabamos coas primeiras Xornadas Multideporte co alumnado de 3º e 4º, nesta ocasión tocoulle a ocasión aos maiores de ...