miércoles, 28 de febrero de 2024

XOGADE - MES DE FEBREIRO 2º CICLO

      No mes de febreiro, o xogade intercentros deportivos de 2º ciclo realizouse no pavillón Monte Da Vila co alumnado do CEIP de Vilalonga.

      A pesares de certos problemas alleos ao centro relacionados co transporte e a solicitude do pavillón, a xornada exprimiuse o máximo posible para poder practicar os deportes que tanto lles gustan ás nenas e ós nenos.




jueves, 22 de febrero de 2024

XOGADE - XORNADA BALONMÁN

     O pasado 22 de febreiro celebrouse a xornada intercentros de balonmán, xornada que puxo a guinda final á promoción feita no noso centro (polo Clube Balonmán Rasoeiro). 

     Os nenos e nenas de cuatro curso puideron ser os protagonistas desta promoción, participando nun encontro cos demais centros educativos da zona. Estiveron moi activas e activos e aprendendo!




viernes, 2 de febrero de 2024

PATIOS DINÁMICOS - DÍA DE RODAS

     Como ben sabedes, no CEIP As Bizocas mantemos unha rotación de deportes para cada día da semana. Isto permite que o tempo de lecer sexa máis inclusivo e participativo e "non impere un só deporte nos patios".

       Ademais destas rotacións , dende a materia de educación física promoveuse a dinámica de "día de rodas", polo que tódolos martes, sempre que o tempo o permita, as nenas e nenos poderán traer patíns, patinetes e monopatíns ao centro e usalos no recreo. 

       Está sendo unha proposta con moi boa aceptación! Recordade que se tedes máis propostas deste tipo e que axuden a promover a actividade física e os patios dinámicos, podedes dirixirvos á mestra de EF ou á dirección do centro :)






DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 Ademais de realizar unha pequena manifestación polo día do medio ambiente, reivindicando o coidado da natureza e do entorno, o alumnado do ...