viernes, 2 de febrero de 2024

PATIOS DINÁMICOS - DÍA DE RODAS

     Como ben sabedes, no CEIP As Bizocas mantemos unha rotación de deportes para cada día da semana. Isto permite que o tempo de lecer sexa máis inclusivo e participativo e "non impere un só deporte nos patios".

       Ademais destas rotacións , dende a materia de educación física promoveuse a dinámica de "día de rodas", polo que tódolos martes, sempre que o tempo o permita, as nenas e nenos poderán traer patíns, patinetes e monopatíns ao centro e usalos no recreo. 

       Está sendo unha proposta con moi boa aceptación! Recordade que se tedes máis propostas deste tipo e que axuden a promover a actividade física e os patios dinámicos, podedes dirixirvos á mestra de EF ou á dirección do centro :)






No hay comentarios:

Publicar un comentario

CROS ESCOLAR (MONTALVO-SANXENXO)

 O pasado mércores 8 de outubro, o alumnado de 2º a 6º de Primaria do noso cole, tivo a oportunidade de participar na primeira xornada do Cr...