viernes, 15 de noviembre de 2024

SEMANA DOS XOGOS TRADICIONAIS

 É moi habitual relacionar os xogos coas crianzas. Semella que a medida que  van pasando os anos, os xogos deixan de estar presentes na vida das persoas. É unha perda que acompaña á evolución da infancia. Mais o ser humano, coma os animais, precisa xogar e debe facelo ao longo de toda a súa vida; aínda que vivimos nunha sociedade tan centrada no traballo e na produción que moitas veces consideramos o descanso, o pracer e o xogo elementos prescindíbeis.

Os xogos tradicionais forman parte da nosa cultura, constrúen a identidade das persoas e transmítense de xeración a xeración.

Se ben os xogos tradicionais galegos parecían esmorecer aos poucos, nos últimos anos foron aparecendo asociacións, que pretenden protexer o patrimonio lúdico e evitar que os xogos tradicionais acaben desaparecendo.

Desde o CEIP As Bizocas, levamos a cabo unha semana relacionada cos xogos tradicionais e na que os nenos e nenas coñeceron en primeira persoa como xogaban os nosos antergos. 

Certamente, foi unha ampla mostra de xogos tradicionais, pero que aínda así, non abarca a ampla diversidade e variedade de xogos que  podemos atopar e disfrutar.

Foi unha semana na que os nenos aprenderon as súas regras, a manexalos e tamén a coidalos e amosar interese e respecto por eles. Son xogos que perduran no tempo pero que hoxe en día hai moitos descoñecidos.

Estas xornadas remataron o día no que se celebrou o magosto no colexio e no que todo o alumnado do centro poido disfrutar xogando con eles e cos seus iguais.

Aquí vos vai unha pequena mostra:

Adiante rapazada!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

DÍA "FIN DE CURSO"

 E como todo comeza, tamén, todo remata. Chegou o último dia lectivo e os rapaces despedíronse ao grande deste curso 24/25. Este pasado venr...