martes, 25 de febrero de 2025

Xornada de convivencia e multideporte co alumnado do Ceip Conmeniño!

 Hoxe disfrutamos dunha xornada multideportiva no Pavillón do Grove e na que poidemos compartir un bo momento cos compañeiros/as do Ceip Conmeniño.
A actividade de hoxe estaba dirixida para o alumnado de 3º Ciclo de EP (5º e 6º) e nelas poidemos participar en xogos de iniciación ao balonmán, baloncesto, bádminton, dachball, fútbol-sala...
A verdade é que se nos fixo curta a xornada de convivencia xa que o pasamos xenial.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra fotográfica.

A seguir movéndose e disfrutando da actividade física!!!





















domingo, 23 de febrero de 2025

VISITA DO CLUBE RASOEIRO. INICIACIÓN AO BALONMÁN 3º DE EP

 Ao longo deste mes de febreiro, tivemos varias visitas do club de balonmán Rasoeiro para traballar a iniciación deste deporte e seguir a manter a vinculación do noso alumnado con distintos clubes deportivos da contorna.

Desta vez, a actividade estaba dirixida ao alumnado do 3º de E. Primaria. Nestas sesións, traballáronse distintos conceptos do balonmán desde un punto de vista deportivo e participativo para o noso alumnado.





No 2º trimestre comezamos coas mochilas viaxeiras deportivas!








lunes, 10 de febrero de 2025

Xornadas multideportivas e de convivencia co Ceip Rosalía de Castro

Moi boas rapazada!

Desta vez, traémosvos as imaxes das fantásticas xornadas multideportivas e de convivencia que levamos a cabo cos amigos/as do colexío Rosalía de Castro do Grove.

Estas actividades estaban dirixidas para os cursos de 3º e 4º de EP (o día 28 de xaneiro) e para o terceiro ciclo de EP, é dicir, 5º e 6º (o día 29 de xaneiro). Nelas, poidemos disfrutar de xogos de presentación e animación, así como, xogos predeportivos e de iniciación ao baloncesto, bádminton, tenis de mesa, dachball, futbol-sala...

Debemos agradecer aos nosos/as amigos/as do Ceip Rosalía de Castro pola súa, moi boa, acollida e tamén polo bo facer e a boa organización do seu mestre de EF, Cibrán.

Certo é que o pasamos xenial e puidemos coñecer un novo colexio, saudar a amigos/as que xa coñeciamos e tamén ter a oportunidade de compartir "xogos" e actividade física con nova xente.

Aquí tedes a pequena reportaxe gráfica das xornadas na que participastes.

Saúdos rapazada!















XORNADA DE BALONMÁN PARA 3º EP

 Hoxe, o alumnado de 3º de EP, participou nunha xornada de balonmán a través do plan Xogade e coa organización e colaboración inestimable do...