lunes, 10 de febrero de 2025

Xornadas multideportivas e de convivencia co Ceip Rosalía de Castro

Moi boas rapazada!

Desta vez, traémosvos as imaxes das fantásticas xornadas multideportivas e de convivencia que levamos a cabo cos amigos/as do colexío Rosalía de Castro do Grove.

Estas actividades estaban dirixidas para os cursos de 3º e 4º de EP (o día 28 de xaneiro) e para o terceiro ciclo de EP, é dicir, 5º e 6º (o día 29 de xaneiro). Nelas, poidemos disfrutar de xogos de presentación e animación, así como, xogos predeportivos e de iniciación ao baloncesto, bádminton, tenis de mesa, dachball, futbol-sala...

Debemos agradecer aos nosos/as amigos/as do Ceip Rosalía de Castro pola súa, moi boa, acollida e tamén polo bo facer e a boa organización do seu mestre de EF, Cibrán.

Certo é que o pasamos xenial e puidemos coñecer un novo colexio, saudar a amigos/as que xa coñeciamos e tamén ter a oportunidade de compartir "xogos" e actividade física con nova xente.

Aquí tedes a pequena reportaxe gráfica das xornadas na que participastes.

Saúdos rapazada!















No hay comentarios:

Publicar un comentario

XORNADA DE BALONMÁN PARA 3º EP

 Hoxe, o alumnado de 3º de EP, participou nunha xornada de balonmán a través do plan Xogade e coa organización e colaboración inestimable do...