miércoles, 29 de abril de 2026

ELABORACIÓN DE GYOZAS POLO ALUMNADO DE 3º EP

 O 21 de novembro do 2025, o alumnado de 3º de Primaria estivo traballando arreo na elaboración dunhas deliciosas gyozas. A cousa quedou como para chupárnolos dedos ben chupados! 

Ademais, puidemos comprobar o sinxelo que é facer unha comida ben rica e saudable. 

Deixámosvos unha pequena mostra fotográfica do que fooi esta actividade.









ELABORACIÓN DE MERENDAS SAUDABLES NO SAMAÍN

 O alumnado de Educación Infantil estivo traballando para elaborar unhas merendas saudables con forma de momia para celebrar o Samaín. O resultado foi moi xenial e saboroso!!


       


Ata podemos decir que estaban terroríficamente bos!!!!
 


MAGOSTO 2025

 Luns 10 de novembro de 2025

Este luns celebramos o MAGOSTO no colexio, unha celebración que xa tiñamos moitas ganas de que chegara.

Comezamos asando as CASTAÑAS. O encargado, como non podía ser doutro xeito, foi Luis, o noso conserxe.

Logo chegou o desexado CHORIPÁN, un riquísmo bocadillo de chourizo asado.

Para rematar, o profe Beni tiña preparados uns XOGOS típicos destas datas: encestar castañas, carreiras de sacos, pesca de castañas...


Estaba todo riquísimo e pasámolo moi ben!


SAÍDA AO QUINTEIRO DE TEMPERÁN 2.º CICLO


Mércores 19 de novembro de 2025

Esta mañá os nenos e nenas de 3.º e 4.º de Primaria puxeron rumbo ao Quinteiro de Temperán, unha antiga casa agraria do século XVIII restaurada e adaptada a un uso etnográfico, cultural, didáctico e turístico.

Ademais da visita, nela poden realizarse diferentes obradoiros. No noso caso participamos nos obradoiros de cereais e elaboración de pan.

Os cativos/as recoñeceron e diferenciaron as variedades de millo, trigo e centeo; amasaron e cociñaron o seu propio pan; viron formas de aproveitar a planta do millo, por exemplo o follato para facer xergóns e bonecas, infusións coa barba, comida e cama para os animais, e moito máis!

Por se fora pouco tamén viron artesas, candís, muíños de pedra, xabrón artesán.... Foi unha mañá moi proveitosa.

Aquí vos deixamos unhas fotos como resumo da saída!



lunes, 27 de abril de 2026

CALENDARIO DE MERENDAS

 Algúns dos obxectivos que nos propuxemos dende o centro neste curso son, priorizar actividades de carácter continuado, a participación activa do alumnado e a de promover a implicación de toda a comunidade educativa (familias, docentes...). Para elo, comezamos o curso propoñendo un calendario de merendas para que o noso alumnado vaia desenvolvendo hábitos alimentarios saudables.



Nalgunhas aulas tamén se colocaron unhas follas de rexistro de merendas semanais, onde o alumnado pode ir vendo cantos días cumpren co horario de merendas saudables.



lunes, 20 de abril de 2026

4ª XORNADA ENCONTROS MULTIDEPORTIVOS. CEIP AS BIZOCAS-CEIP ROSALÍA DE CASTRO 15-04-2026

 Este mércores 15 de abril, rematamos coa cuarta e última das Xornadas de Encontros Multideportivos (XOGADE) cos nosos compañeiros e compañeiras do Ceip Rosalía de Castro do Grove. A algúns xa os coñeciamos de antes pero non perdemos a ocasión de facer novas amizades.

Foi unha xornada chea de actividade física e diversión!!







É unha pena que se acaben por este curso as Xornadas de Multideporte!! Estaremos desexosos de voltar a participar de novo e coñecer a novos amigos e amigas!!!
















martes, 14 de abril de 2026

4ª Xornada Encontros Multideportivos CEIP As Bizocas- CEIP Magaláns-Dorrón (14-04-2026)

 O alumnado de 6º de Primaria tivo o pracer de contar hoxe coa visita do alumnado do Ceip Magaláns-Dorrón (Sanxenxo). Así, tivemos a oportunidade de reencontrarnos coas amigas e amigos que fixeramos nunha xornada anterior e na que eles fixeran de anfitrións.






Foi fabuloso poder atoparnos de novo e gozar con todos vós nesta nova xornada dos Encontros Multideportivos. MOITAS GRAZAS POLA VOSA VISITA!!











REPARTO DE FROITA

 Outro curso máis, o noso alumnado participa nunha campaña de promoción de consumo de froita. Para elo, e ao longo das dúas primeiras semana...