lunes, 18 de mayo de 2026

REPARTO DE FROITA

 Outro curso máis, o noso alumnado participa nunha campaña de promoción de consumo de froita. Para elo, e ao longo das dúas primeiras semanas de maio, repartíronse mazás, peras, uvas, plátanos, mandarinas, fresas...


A verdade é que os recreos foron moito máis ricos!!!



ENFERMEIRA EN EDUCACIÓN INFANTIL

 Luns 27 de abril de 2026

Hoxe tivemos a sorte de contar coa visita de Nataly, enfermeira do centro de saúde do Grove, que levou a cabo unha pequena e moi interesante actividade co alumnado de Educación Infantil.

Durante a sesión traballaron a importancia da hixiene bucodental, aprendendo como lavar correctamente os dentes a través de explicacións adaptadas e dinámicas moi participativas.

Ademais, tamén abordaron a alimentación saudable, diferenciando entre alimentos beneficiosos para a saúde e outros que convén consumir con moderación.

Para rematar, realizaron unha actividade experimental moi chamativa, na que puideron observar como o xabón facía que a pementa se afastase das mans, entendendo así de forma visual a importancia da hixiene.

Queremos agradecer sinceramente a Nataly a súa visita, a súa cercanía e a maneira tan amena de achegar eses contidos tan importantes ao noso alumnado.

Foi unha experiencia moi enriquecedora par todos e todas!





 

RECOLLIDA SOLIDARIA DE ALIMENTOS

 Martes 3 de febreiro de 2026

Un ano máis realizamos a recollida solidaria de alimentos destinada ao BANCO DE ALIMENTOS RÍAS BAIXAS.

Grazas á colaboración de toda a comunidade educativa, recollemos unha boa cantidade de comida que desde o banco de alimentos repartirán ás familias que máis o necesitan.

Esta mañá fixemos a entrega. Esperamos que chegue á maior cantidade de persoas posible.

GRAZAS POR TODA A SOLIDARIEDADE RECIBIDA!

 



MERENDAS SAUDABLES NAS XORNADAS DO XOGADE

O alumnado do Ceip As Bizocas participou, ao longo de todo o curso, no Programa XOGADE. Foron carreiras de campo a través, xornadas de Multideporte... Todas elas, con outros nenos e nenas que forman parte da Asociación Deportiva do Val do Salnés e dos centros da nosa comarca. Puidemos coñecer e gozar coas novas amizades, e sempre o fixemos dende unha perspectiva saudable, aportando en todas as nosas actividades merendas saudables.

O consumo de froita foi unha constante en todas elas, tentando dotar estas actividades de promoción de hábitos saudables dun ambiente de afecto e confianza, incorporar experiencias de aprendizaxe significativas e aproveitar as rutinas diarias (merendas, almorzos, etc) como momentos significativos para consolidar hábitos alimentarios, así como buscar a funcionalidade do que aprenden e que teña unha transferencia á vida cotiá.


SUPERMERCADO EN 4º EP

 O alumnado de 4º de EP está a montar o seu propio mercado de aula. Desta maneira, aplicamos as  operacións matemáticas para cobrar e calcular, analizamos as etiquetas nutricionais, valoramos a publicidade dos alimentos ou establecemos relacións entre alimento/calidade/prezo/dispoñibilidade.

miércoles, 13 de mayo de 2026

REPARTO DE LEITE

 Na segunda quincena de abril, o noso alumnado, participou nunha campaña de reparto de leite promovida pola Xunta de Galicia nos centros educativos. 

O principal obxectivo desta medida é potenciar o consumo de leite entre alumnado, creando así hábitos saudables que poidan manter no futuro.








martes, 12 de mayo de 2026

MERENDAS SAUDABLES

 Dende o noso centro estamos moi  concienciados coa importancia de levar unha alimentación saudable. Por iso, o noso alumnado, cumple co horario de merendas saudables e goza das mesmas no día a día. A adquisición e consolidación de hábitos alimentarios axeitados durante a educación primaria, así como a incorporación progresiva da promoción da saúde na comunidade escolar, é un dos nosos obxectivos para que poidan desenvolver as competencias necesarias e realizar eleccións saudables no futuro.

Non hai mais que ollar estas fotos e ver como o alumnado sabe apreciar o bo!









PREPARAMOS O NOSO HORTO (09-04-26)

 Coa chegada da primavera, o alumnado do primeiro ciclo xa comezou a preparar o horto do noso colexio para sementar algunhas hortalizas, froitas e outras plantas. 

Agardamos, que de aquí a pouco, poidamos comezar a ver os primeiros resultados. Agora toca ir coidando no día a día!!





lunes, 11 de mayo de 2026

O ALUMNADO DE 3º DE EP COCIÑA (27-02-26)

 O pasado 27 de febreiro, o alumnado de 3º EP estiveron facendo de cociñeiras e cociñeiros preparando unha boa merenda. Elaboraron, coa axuda da súa mestra Elia, un delicioso ramen que ben lles prestou despois a media mañá.

Foi unha gozada velos elaboralo e despois degustalo ben quentiño!!




XORNADA DEPORTES TRADICIONAIS-POPULARES EN NANTES-SANXENXO (05-05-26)

 O martes 5 de maio, o alumnado de 6º de Primaria viaxou ata o Campo da Billarda de Nantes (Sanxenxo) para coñecer algúns dos xogos e deportes tradicionais propios da nosa contorna. A actividade, que compartimos con varios institutos e colexios do Val do Salnés, englóbase dentro do Programa XOGADE.

Xogamos á billarda, aos bolos celtas e á chave. 

Deixámosvos unha pequena mostra fotográfica!!










REPARTO DE FROITA

 Outro curso máis, o noso alumnado participa nunha campaña de promoción de consumo de froita. Para elo, e ao longo das dúas primeiras semana...