jueves, 26 de junio de 2025

DÍA "FIN DE CURSO"

 E como todo comeza, tamén, todo remata. Chegou o último dia lectivo e os rapaces despedíronse ao grande deste curso 24/25.

Este pasado venres 20 de Xuño, foi o día de amosarlle ás familias os traballos realizados ao longo de todo o curso no PDI "Pequenos Artistas", de que os nenos/as de sexto disfrutaran da súa graduación e ao mesmo tempo, se despediran do seu colexio, do centro que os acolleu, estes anos pasados, durante as etapas de EI e de EP e finalmente, para queimar as penas, que mellor que despedirse cunha festa chea de diversión con xogos na praia!!!


Aquí vos deixamos o enlace no que podedes ver as imaxes do que foi ese gran día:

https://photos.app.goo.gl/ia7Xh4D8FiwqkF4A7

miércoles, 18 de junio de 2025

ACHEGÁNDONOS A DISTINTAS MODALIDADES ACUÁTICAS

Este martes 17 de xuño, o alumnado de 5º e 6º de EP, tiveron unha experiencia chea de diversión relacionada co medio acuático, máis concreto, co mar.

Grazas ao Cmdcbreogán e ao bo facer de Iván, os nenos/as disfrutaron enormemente dunha xornada na que probaron o barco-dragón, navegar en piraugas e tamén traballar o equilibrio e disfrutar dos chapuzóns na auga desde as táboas SUP.

E, para mellorar a xornada, o sol e a calor acompañounos toda a mañá facendo máis apetecible disfrutar da auga.

Que ben que o pasaron!!!

Aquí vos deixamos o enlace das fotos nas que se reflexa o disfrute de todos e todas:

https://photos.app.goo.gl/MVHahjyaLmGjLMVv7











































LAND ART

 O Land Art é un moviimento artístico que se caracteriza por empregar o medio natural e os seus materiais coma terra, rochas, vexetación, paus... para a elaboración de obras de arte e sen danar ou modificar o espazo natural no que se crea.

Deste xeito, o alumnado de 3º e 4º de EP e de maneira cooperativa,  dispúxose a crear as súas propias obras de arte na nosa contorna do colexio e nunha paraxe tan especial coma é a praia que temos xusto en fronte. 

Esta foi a actividade que poñía punto e final ao seu traballo de todo o curso no PDI´24/25 da nosa escola "Pequenos Artistas".

Aquí podedes ver estas obras efímeras pero que, non por iso, deixan de ser valiosas para todos eles/as e para nós.











viernes, 6 de junio de 2025

ACTIVIDADE SOBRE PRIMEIROS AUXILIOS

Grazas ao Servizo de Emerxencias do Grove, o aulmnado de 4º, 5º e 6º de EP, poideron coñecer de primeira man como se debe actuar e de maneira eficiente no caso de atoparnos ante unha situación de primeiros auxilios.

Atendendo ás expliacións de Antonio, os nenos/as aprenderon o significado das siglas PAS (protexer, avisar e socorrer) e a ter un mínimo coñecemento sobre certas maniobras esenciais en caso de primeiros auxilios como pode ser saber colocar ao ferido na posición de seguridade, facer unha RCP ou incluso levar a cabo a maniobra de Heimlich no caso de que unha persoa se estea atragantando.

Desde a nosa área, consideramos fundamental ter un coñecemento na prevención de riscos e saber como actuar no caso dunha posible emerxencia.


                                                 

                                                                           

                                                               

                                                               

      



















lunes, 2 de junio de 2025

DÍA DA NUTRICIÓN, PARA QUE E POR QUE ALIMENTARNOS MELLOR

 A semana pasada, co gallo do día da Nutrición (28 de Maio) e dentro da liña do Proxecto de vida Activa e deportiva do noso centro escolar, desde a área de EF quixemos levar a cabo co alumnado do colexio unhas sesións teóricas-prácticas nas que traballar a boa alimentación.

Nestas sesións falouse da importacia dunha dieta saudable, dunha vida activa e do descanso necesario para o corpo...é dicir, fomentáronse hábitos saudables que nos permitan levar a cabo unha vida de maior e mellor calidade.

Deste xeito, o alumnado foi coñecendo distintos produtos e alimentos, combinacións e variedades nos pratos e tamén foron eles mesmos construindo a súa propia pirámide alimentaria, tanto desde os máis pequenos/as de infantil ata os maiores de 6º EP.

Cremos que tanto as familias coma os centros escolares e institucións públicas...é dicir, a sociedade en xeral, deben fomentar e promover unha alimentación saudable nos nosos fillos/as e nos nosos escolares. Debe ser obriga nosa facerlle fronte á obesidade  e promover os bos hábitos no estilo de vida xa que nun futuro, seguro nolo agradecerán.

                           



                    

                                  













DÍA "FIN DE CURSO"

 E como todo comeza, tamén, todo remata. Chegou o último dia lectivo e os rapaces despedíronse ao grande deste curso 24/25. Este pasado venr...