Grazas ao Servizo de Emerxencias do Grove, o aulmnado de 4º, 5º e 6º de EP, poideron coñecer de primeira man como se debe actuar e de maneira eficiente no caso de atoparnos ante unha situación de primeiros auxilios.
Atendendo ás expliacións de Antonio, os nenos/as aprenderon o significado das siglas PAS (protexer, avisar e socorrer) e a ter un mínimo coñecemento sobre certas maniobras esenciais en caso de primeiros auxilios como pode ser saber colocar ao ferido na posición de seguridade, facer unha RCP ou incluso levar a cabo a maniobra de Heimlich no caso de que unha persoa se estea atragantando.
Desde a nosa área, consideramos fundamental ter un coñecemento na prevención de riscos e saber como actuar no caso dunha posible emerxencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario