lunes, 2 de junio de 2025

DÍA DA NUTRICIÓN, PARA QUE E POR QUE ALIMENTARNOS MELLOR

 A semana pasada, co gallo do día da Nutrición (28 de Maio) e dentro da liña do Proxecto de vida Activa e deportiva do noso centro escolar, desde a área de EF quixemos levar a cabo co alumnado do colexio unhas sesións teóricas-prácticas nas que traballar a boa alimentación.

Nestas sesións falouse da importacia dunha dieta saudable, dunha vida activa e do descanso necesario para o corpo...é dicir, fomentáronse hábitos saudables que nos permitan levar a cabo unha vida de maior e mellor calidade.

Deste xeito, o alumnado foi coñecendo distintos produtos e alimentos, combinacións e variedades nos pratos e tamén foron eles mesmos construindo a súa propia pirámide alimentaria, tanto desde os máis pequenos/as de infantil ata os maiores de 6º EP.

Cremos que tanto as familias coma os centros escolares e institucións públicas...é dicir, a sociedade en xeral, deben fomentar e promover unha alimentación saudable nos nosos fillos/as e nos nosos escolares. Debe ser obriga nosa facerlle fronte á obesidade  e promover os bos hábitos no estilo de vida xa que nun futuro, seguro nolo agradecerán.

                           



                    

                                  













No hay comentarios:

Publicar un comentario

CROS ESCOLAR (MONTALVO-SANXENXO)

 O pasado mércores 8 de outubro, o alumnado de 2º a 6º de Primaria do noso cole, tivo a oportunidade de participar na primeira xornada do Cr...