Onte, por fin, as condicións climáticas permitíronnos achegarnos ata as instalacións do Real Club Náutico de Sanxenxo para disfrutar dunha actividade que nos permitiu navegar polo mar baixo a enerxía que nos ofreceu o vento.
Nesta xornada de iniciación e achegamento á navegación con vela, a rapazada de 3º curso EP disfrutou do paseo en barco pola costa de Sanxenxo: Como desta vez tocaba a sesión práctica, os nenos/as poideron levar o timón, tirar dos cabos, virar o barco, coidar a cabeza de dar coa botavara 😆... e como non, sentir o vento na cara. Bueno, nalgún momento tivemos que soprar con forza porque o vento desaparecía 😆😆😆 e non nos moviamos do sitio!!!
O día apareceu co ceo medio nubrado, co sol escondido... pero pouco a pouco, ao longo da mañá, o astro rei foi aparecendo e facendo que o día fose espectacular para esta experiencia de navegación.
Pasámolo moi ben e ata chegamos a ver algún golfiño ao lonxe.
Ata a próxima pequenos/as grumetes.