viernes, 28 de marzo de 2025

XORNADAS MULTIDEPORTE PARA O 3º CICLO DE EP NO CEIP AS BIZOCAS.

    Este mércores, 26 de marzo, os cursos de 5º e 6º participaron como anfitrións dos compañeiros/as do Ceip Magaláns-Dorrón que viñeron, coma visitantes, para participar nunha nova xornada multideportiva e de convivencia.

Foi unha xornada chea de experiencias lúdicas e de disfrute do deporte como fonte de saúde e tamén coma  medio para facer novos amigos e amigas, desta vez dun colexio novo.

Todo o alumnado puido participar en distintas estacións deportivas polas que foron pasando ao longo da actividade.

E segundo me contan, pasárono xenial!

Ata a seguinte!











No hay comentarios:

Publicar un comentario

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 O pasado venres 5 de xuño, todo o alumnado do Ceip As Bizocas saíu a facer unha andaina pola contorna con varios obxectivos na súa mente. P...