viernes, 28 de marzo de 2025

ACTIVIDADE DE VELA POLA COSTA DE SANXENXO

 Onte, por fin, as condicións climáticas permitíronnos achegarnos ata as instalacións do Real Club Náutico de Sanxenxo para disfrutar dunha actividade que nos permitiu navegar polo mar baixo a enerxía que nos ofreceu o vento. 

Nesta xornada de iniciación e achegamento á navegación con vela, a rapazada de 3º curso EP disfrutou  do paseo en barco pola costa de Sanxenxo: Como desta vez tocaba a sesión práctica, os nenos/as poideron levar o timón, tirar dos cabos, virar o barco, coidar a cabeza de dar coa botavara 😆... e como non, sentir o vento na cara. Bueno, nalgún momento tivemos que soprar con forza porque o vento desaparecía 😆😆😆 e non nos moviamos do sitio!!!

O día apareceu co ceo medio nubrado, co sol escondido... pero pouco a pouco, ao longo da mañá, o astro rei foi aparecendo e facendo que o día fose espectacular para esta experiencia de navegación.

Pasámolo moi ben e ata chegamos a ver algún golfiño ao lonxe.

Ata a próxima pequenos/as grumetes.






Iso sí, chegamos do mar con moitísima fame!!!



Tivemos a sorte de compartir a experiencia co alumnado do Ceip Valle-Inclán.








No hay comentarios:

Publicar un comentario

3ª XORNADA MULTIDEPORTE ALEVÍN COLEXIO ABRENTE-CEIP AS BIZOCAS (18-03-2026)

 O mércores 18 de marzo, tocounos desprazarnos ata o Colexio Abrente en Portonovo, xunto co alumnado do Ceip Conmeniño e onde nos recibiron ...