jueves, 13 de marzo de 2025

XORNADA DE BALONMÁN PARA 3º EP

 Hoxe, o alumnado de 3º de EP, participou nunha xornada de balonmán a través do plan Xogade e coa organización e colaboración inestimable do Club de Balonmán Rasoeiro.

A actividade levouse a cabo no pavillón vello do Grove e nela participaron xunto co noso centro os colexios de Valle-Inclán, Rosalía de Castro e o de Conmeniño.

Ao longo da xornada, os distintos esquipos foron participando nos distintos confrotamentos entre eles.

A finalidade era que todo o alumnado disfrutara do contacto  con este deporte, experimentara unha convivencia co resto de alumn@s dos distintos centros escolares e sobre todo, que o pasaran ben durante a actividade.

E polas caras dos nen@s e polos comentarios que nos fixeron, cremos que saíron bastante satisfeit@s😄


Quentando a máquina!                                            
     

Metidos xa no xogo                                               


Ben atentos ao que pasaba na pista.                    






E como non, o momento para recuperar enerxía e folgos!


O equipo "Con-Bi"                                                    
                                          

E todo o alumnado participante.                             

No hay comentarios:

Publicar un comentario

XORNADA DE BALONMÁN PARA 3º EP

 Hoxe, o alumnado de 3º de EP, participou nunha xornada de balonmán a través do plan Xogade e coa organización e colaboración inestimable do...