martes, 27 de mayo de 2025

MERENDAS DA MAÑÁ CON LEITE

 

Desde o Ceip As Bizocas queremos poñer o noso graíño de area no fomento

 do leite coma un alimento esencial no crecemento do noso alumnado. 

É agora, de nenos, cando debemos asentar as bases dunha boa alimentación

cuns hábitos de saúde axeitados e unha vida activa, que permitirán e facilita-

rán un bo desenvolvemento e crecemento dos nosos fillos e fillas.

Por iso, e durante dúas semanas, repartíronse no colexio, cartonciños de lei-

te para todo o alumnado.

A inclusión do leite na alimentación dos escolares tenta fomentar o consumo

de lácteos e crear hábitos alimenticios saudables para que os poidan manter

no futuro.

O leite contribúe á saúde xeral ao aportar enerxía, proteínas e vitaminas que

son importantes para o bo funcionamento do corpo. Ademais é crucial no de-

senvolvemento duns ósos fortes e saudables, especialmente na infancia. 



















No hay comentarios:

Publicar un comentario

CROS ESCOLAR (MONTALVO-SANXENXO)

 O pasado mércores 8 de outubro, o alumnado de 2º a 6º de Primaria do noso cole, tivo a oportunidade de participar na primeira xornada do Cr...