Mércores 19 de novembro de 2025
Esta mañá os nenos e nenas de 3.º e 4.º de Primaria puxeron rumbo ao Quinteiro de Temperán, unha antiga casa agraria do século XVIII restaurada e adaptada a un uso etnográfico, cultural, didáctico e turístico.
Ademais da visita, nela poden realizarse diferentes obradoiros. No noso caso participamos nos obradoiros de cereais e elaboración de pan.
Os cativos/as recoñeceron e diferenciaron as variedades de millo, trigo e centeo; amasaron e cociñaron o seu propio pan; viron formas de aproveitar a planta do millo, por exemplo o follato para facer xergóns e bonecas, infusións coa barba, comida e cama para os animais, e moito máis!
Por se fora pouco tamén viron artesas, candís, muíños de pedra, xabrón artesán.... Foi unha mañá moi proveitosa.
Aquí vos deixamos unhas fotos como resumo da saída!
No hay comentarios:
Publicar un comentario