martes, 2 de junio de 2026

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO: ILLAS CÍES

 Xoves 21 de maio de 2025

Tras meses de espera, por fin chegou unha das actividades máis esperadas por parte de todo o alumnado:

A EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO.

Este ano o lugar elixido foi as ILLAS CÍES, un paraíso natural situado na ría de Vigo que é un dos destinos turísticos máis visitados de toda Galicia. Estas illas forman un arquipélago composto por 3 illas: Norte ou Monteagudo, do Medio ou do Faro, e Sur ou San Martiño.

As Illas Cíes foron declaradas Parque Natural en 1980 e incluídas no Parque Nacional M-T das illas atlánticas de Galicia creado no ano 2002, xunto á illa de Ons, Sálvora e Cortegada.

Preparados coas nosas mochilas e toda a ilusión do mundo, os alumnos/as e os mestres/as puxemos rumbo a Portonovo para coller o barco que nos levaría a este paraíso natural. Tras unha viaxe aproximada dunha hora, chegamos ao porto, onde nos estaban agardando as guías encargadas de organizar a visita.

Despois de organizarnos por ciclos e deixar as nosas mochilas, comezamos a facer unha ruta por diferentes lugares da illa, como o fermoso lago central. Polo camiño atopamos unha gran variedade de plantas e animaliños.

Logo, chegou a hora de comer, así que sentados/as comodamente á sombra empezamos a degustar a comida que preparou cada familia. Había de todo: pasta, polo, filetes empanados, tortilla... Estaba todo tan rico que ata as gaivotas viñan intentar coller a nosa comida. Ao rematar fomos mercar un xeado ao bar que estivo delicioso.

Pola tarde, vestimos o bañador e puxemos rumbo á praia de Rodas, galardoada co título de "A mellor praia do mundo" polo recoñecido diario británico "The Guardian". Aí realizamos diferentes xogos e, xa que o día acompañaba, algúns nenos/as déronse un chapuzón.

Xa era hora de volver, así que regresamos ao porto onde esperamos ao barco que nos trouxo de volta a Portonovo e aí nos agardaba o autobús que nos levou ata o colexio.

Sen dúbida foi unha excursión excelente nun espazo natural altamente protexido no que desfrutamos ao máximo da natureza.

Se tedes pensado realizar unha visita e queredes máis información, premede aquí para acceder á paxina web das Illas Cíes.

Para acceder á galería e ver todas as fotos da xornada, premede na seguinte fotografía.



https://boxabalar.edu.xunta.gal/index.php/apps/photos/public/kFVbONAzbWidnaSlPifNlCasjFLPK55p

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipasbizocas/system/files/u2/20260521_123217_web.jpg

No hay comentarios:

Publicar un comentario

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 O pasado venres 5 de xuño, todo o alumnado do Ceip As Bizocas saíu a facer unha andaina pola contorna con varios obxectivos na súa mente. P...