viernes, 5 de junio de 2026

MELLORAMOS O NOSO PATIO CUNHA CASIÑA E UN HORTO ESCOLAR

 

José Luís Torres vai realizar un proxecto pioneiro no Ceip As Bizocas, que inclúe  unha casa estilo Hobbit, xardín, forno e horta con bancais. 



O grovense José Luís Torres, autor da Casa da Caracola, vai realizar unha obra pioneira no noso colexio: a transformación do patio escolar nun proxecto de permacultura, que aúna bioconstrución, natureza e agricultura. A obra comezou o luns pasado coa participación activa do alumnado. A idea xurdiu do propio centro como parte da súa filosofía educativa, moi vinculada co entorno que nos rodea, fronte ao mar e a natureza. 

O proxecto inclúe a construcción dunha pequena casa Kerterre, cuxa forma simula ás vivendas estilo hobbit pola súa estrutura circular e deseño a base de cal e de cáñamo. Nembargantes, trátase dunha arquitectura alternativa en armonía coa natureza e feita integramente a man. Torres defende a súa "resistencia á choiva e temporais" e o valor dunha técnica que  impulsou a francesa Evelyne Adam. 

A esta casiña, acompañaralle un xardín mandala cunha espiral de plantas aromáticas, unha horta con bancais elevados en forma de pétalos de flor, un bosque comestible e un forno de barro para pan e pizzas, en cuxa construción colaborarán os nenos e nenas. 

Torres atópase moi ilusionado con esta obra da que agarda que o resultado sexa "moi fermoso e un plus educativo para os pequenos". O artesán grovense prevé que para o 10 de xuño a estrutura estea moi avanzada e que os alumnado poida gozar dela durante o vindeiro curso. En novembro farase unha plantación de árbores froiteiras, arandos, frambuesas e amorodos.

Dende a dirección do centro procúrase que o obxectivo sexa que os pequenos coiden ese entorno xogando e aprendendo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 O pasado venres 5 de xuño, todo o alumnado do Ceip As Bizocas saíu a facer unha andaina pola contorna con varios obxectivos na súa mente. P...