martes, 27 de mayo de 2025

COÑECENDO NOVOS XOGOS TRADICIONAIS

 Co gallo da celebración do día das Letras Galegas, na súa semana posterior, poidemos disfrutar no colexio dun novo grupo de xogos tradicionais, que fomos coñecendo e familiarizándonos con eles durante as sesións de EF.

Xogos como os das Pías, o das Pontes, o dos Guás, dos Paxarolos, pecha a caixa, solitario francés,xogo dos mancos, esquís en parella, rodar o aro, carozos de millo.. foron algúns dos distintos xogos nos que puido participar  o noso alumnado.

Lembrar ao que xogaban os nosos antergos, entender que moitos xogos estaban relacionados con certas actividades, que daquela o tempo de lecer non existía nin se apreciaba coma hoxe en día.. son cuestións a reflexionar por todos nós así coma valorar, coidar e apreciar todo o seu legado que nos deixaron.









































No hay comentarios:

Publicar un comentario

DÍA "FIN DE CURSO"

 E como todo comeza, tamén, todo remata. Chegou o último dia lectivo e os rapaces despedíronse ao grande deste curso 24/25. Este pasado venr...