Este ano quixemos por en valor o enorme esforzo, sacrificio e exemplo de superación que cada día nos amosan miles de persoas ao noso arredor. Persoas con algún tipo de discapacidade e diversidade funcional que lles impide levar a cabo unha vida tan doada coma a que podemos ter nós; non poder comunicarse, incapacidade para desplazarse, non discernir o que nos rodea, falta de comprensión pola sociedade... son moitas as dificultades coas que se atopan no día a día.
Por iso, desde a comunidade do CEIP As Bizocas berramos e esiximos unha maior conciencia, respecto e tolerancia. Loitemos por unha sociedade máis igualitaria e concienciada coas dificultades que amosan moitas persoas (moitas veces incluso veciños, familiares..) e que sen embargo, non somos quenes de valorar de maneira axeitada, non somos quenes de poñernos no seu lugar nin de facilitar axudas que lles permitan levar unha vida o máis digna posible.
Pedimos unha maior CONCIENCIACIÓN da sociedade.
Ao longo da semana, durante as sesións de EF, o alumnado experimentou distintas situacións motrices nas que tiñan que levar a cabo distintas accións coa dificultade engadida de presentarllas con limitacións físicas, provocando así a solicitude de axuda cara os compañeiros/as, a cooperación e ao mesmo tempo crearlles concienciación sobre as situacións da vida cotiá que sofren moitas persoas discapacitadas.
Tamén, coñeceron diferentes deportes e actividades físicas adaptadas para que todo o mundo teña acceso e poida disfrutar dunha vida máis plena e coa maior calidade posible, xa que o deporte é fundamental non só para mellorar a condición física, sinon tamén para fomentar a socialización e promover bos hábitos de vida e coidar tamén da nosa saúde mental.
No hay comentarios:
Publicar un comentario