martes, 27 de mayo de 2025

COÑECENDO NOVOS XOGOS TRADICIONAIS

 Co gallo da celebración do día das Letras Galegas, na súa semana posterior, poidemos disfrutar no colexio dun novo grupo de xogos tradicionais, que fomos coñecendo e familiarizándonos con eles durante as sesións de EF.

Xogos como os das Pías, o das Pontes, o dos Guás, dos Paxarolos, pecha a caixa, solitario francés,xogo dos mancos, esquís en parella, rodar o aro, carozos de millo.. foron algúns dos distintos xogos nos que puido participar  o noso alumnado.

Lembrar ao que xogaban os nosos antergos, entender que moitos xogos estaban relacionados con certas actividades, que daquela o tempo de lecer non existía nin se apreciaba coma hoxe en día.. son cuestións a reflexionar por todos nós así coma valorar, coidar e apreciar todo o seu legado que nos deixaron.









































FOMENTO DA FROITA NAS MERENDAS

 Ao igual que fixemos co leite, desde o Ceip As Bizocas consideramos que estamos na obriga de traballar a boa alimentacióndo noso alumnado. 

Deste xeito propuxemos o fomento da froita coma un elemento esencial e necesario que debe conter a nosa dieta.

Así, durante quince días repartiuse entre o alumnado do centro distintas pezas de froita coma peras, mazás, plátanos, kiwis..

Insistimos no fomento de hábitos saudables e comprender a importancia da alimentación nas nosas vidas.

As froitas conteñen moitos nutrintes esenciais que moitas persoas non consumen en suficiente cantidade xa que son ricas en fibra, vitaminas, minerais e antioxidantes.

A comeeeeeeerrrrrrrrrrrrrrrrrrr FROITAAAAAAAAAAA!!!


















MERENDAS DA MAÑÁ CON LEITE

 

Desde o Ceip As Bizocas queremos poñer o noso graíño de area no fomento

 do leite coma un alimento esencial no crecemento do noso alumnado. 

É agora, de nenos, cando debemos asentar as bases dunha boa alimentación

cuns hábitos de saúde axeitados e unha vida activa, que permitirán e facilita-

rán un bo desenvolvemento e crecemento dos nosos fillos e fillas.

Por iso, e durante dúas semanas, repartíronse no colexio, cartonciños de lei-

te para todo o alumnado.

A inclusión do leite na alimentación dos escolares tenta fomentar o consumo

de lácteos e crear hábitos alimenticios saudables para que os poidan manter

no futuro.

O leite contribúe á saúde xeral ao aportar enerxía, proteínas e vitaminas que

son importantes para o bo funcionamento do corpo. Ademais é crucial no de-

senvolvemento duns ósos fortes e saudables, especialmente na infancia. 



















miércoles, 14 de mayo de 2025

EXPRESIÓN CORPORAL. INVESTIGANDO O NOSO MOVIMENTO A TRAVÉS DE GLOBOS.

 Esta é outra actividade relacionada coa temántica artística do noso PDI do centro " pequenos artistas" e na que, desde a nosa área, enfocamos a traballar principalmente a expresión corporal a través do movimento.

No exemplo que aparece a continuación, o alumnado debía investigar movimentos coa axuda de globos.

Non é o mesmo pedírllelo así, que se movan ou creen a súa propia coreografía sen máis,  xa que se sentirían moito máis cortados e avergoñados, que ofrecéndollelo coa axuda dun globo que será quen os guíe inicialmente de maneira indirecta na creación dos seus movimentos, facendo que se sintan máis seguros de sí mesmos.




NOMES CORPORAIS CON MOVIMENTO


A través da expresión corporal e do movimento, cada neno/a foi quen de inventar e crear o seu propio nome xestual ou corporal. A actividade consistía en relacionar o nome persoal de cada un cun movimento creado por ele/as mesmo/as.


Esta actividade estaba relacionada coa temática do noso PDI no que traballamos o arte, e nós, desde a nosa área, que mellor que fomentar a expresión artística a través do corpo e do movimento.




 

miércoles, 7 de mayo de 2025

VISITA DO CEIP A FLORIDA DE SANXENXO NUNHA NOVA XORNADA MULTIDEPORTE DO PROGRAMA XOGADE

 

Este martes pasado, 6 de maio, tivemos a visita da rapazada de 3º curso de EP do CEIP A Florida de Sanxenxo para levar a cabo unha nova xornada multideportiva a través do programa Xogade.

Desta vez, o noso colexio foi o anfitrión e os nosos/as benxamíns (3º e 4º de EP) poideron disfrutar, xunto cos invitados/as, das actividades deportivas programadas para ese día (minibalonman, minibasket, datchball, fútbo-sala, xadrez, tenis de mesa).

Ao longo da xornada, os distintos equipos foron pasando polas distintas estacións programadas e a finalidade principal foi a diversión, o disfrute con novos compañeiros/as, a participación e a socialización a través do deporte.

Na hora do recreo, o alumnado tamén puido disfrutar da merenda cunhas pezas de froita e compartir momentos entre todos/as eles/as.

A pola seguinte!!












ATLETISMO XOGADE (CAMBADOS)

 

O día 22 de abril o alumnado de 4º de EP, xunto co do CEIP Conmeniño, participamos nas probas de atletismo celebradas nas pistas de Cambados.

O día recibiunos cun sol fermoso e unha temperatura ideal para poder disfrutar das probas atléticas a realizar, todo despois de adiar varias veces a realización da actividade por mor da mala climatoloxía.

As probas nas que participou o alumnado foron os 60 m.l., salto de lonxitude, lanzamento de peso, 500 m. l., lanzamento de vórtex e unha carreira de remudas 12x60m.

A verdade é que a nosa rapazada o pasou xenial e disfrutou deste pequeno achegamento ao atletismo.

Ademais, non é por presumir, pero podemos estar moi contentos do traballo e o esforzo que levaron a cabo xa que, ao final da competición, os resultados situáronnos na primeira posición do podio.

Todo un espectáculo ver á nosa rapazada xunto coa de Conmeniño co que facían equipo!!!

Parabén para todo/as ele/as e a seguir disfrutando do deporte!!!




















E aquí podedes ver o resultado final. Novamente parabéns!!




DÍA "FIN DE CURSO"

 E como todo comeza, tamén, todo remata. Chegou o último dia lectivo e os rapaces despedíronse ao grande deste curso 24/25. Este pasado venr...