miércoles, 7 de mayo de 2025

VISITA DO CEIP A FLORIDA DE SANXENXO NUNHA NOVA XORNADA MULTIDEPORTE DO PROGRAMA XOGADE

 

Este martes pasado, 6 de maio, tivemos a visita da rapazada de 3º curso de EP do CEIP A Florida de Sanxenxo para levar a cabo unha nova xornada multideportiva a través do programa Xogade.

Desta vez, o noso colexio foi o anfitrión e os nosos/as benxamíns (3º e 4º de EP) poideron disfrutar, xunto cos invitados/as, das actividades deportivas programadas para ese día (minibalonman, minibasket, datchball, fútbo-sala, xadrez, tenis de mesa).

Ao longo da xornada, os distintos equipos foron pasando polas distintas estacións programadas e a finalidade principal foi a diversión, o disfrute con novos compañeiros/as, a participación e a socialización a través do deporte.

Na hora do recreo, o alumnado tamén puido disfrutar da merenda cunhas pezas de froita e compartir momentos entre todos/as eles/as.

A pola seguinte!!












No hay comentarios:

Publicar un comentario

3ª XORNADA MULTIDEPORTE ALEVÍN COLEXIO ABRENTE-CEIP AS BIZOCAS (18-03-2026)

 O mércores 18 de marzo, tocounos desprazarnos ata o Colexio Abrente en Portonovo, xunto co alumnado do Ceip Conmeniño e onde nos recibiron ...