O día 22 de abril o alumnado de 4º de EP, xunto co do CEIP Conmeniño, participamos nas probas de atletismo celebradas nas pistas de Cambados.
O día recibiunos cun sol fermoso e unha temperatura ideal para poder disfrutar das probas atléticas a realizar, todo despois de adiar varias veces a realización da actividade por mor da mala climatoloxía.
As probas nas que participou o alumnado foron os 60 m.l., salto de lonxitude, lanzamento de peso, 500 m. l., lanzamento de vórtex e unha carreira de remudas 12x60m.
A verdade é que a nosa rapazada o pasou xenial e disfrutou deste pequeno achegamento ao atletismo.
Ademais, non é por presumir, pero podemos estar moi contentos do traballo e o esforzo que levaron a cabo xa que, ao final da competición, os resultados situáronnos na primeira posición do podio.
Todo un espectáculo ver á nosa rapazada xunto coa de Conmeniño co que facían equipo!!!
Parabén para todo/as ele/as e a seguir disfrutando do deporte!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario