miércoles, 3 de junio de 2026

CHARLA: HERBAS DE SAN XOÁN E TRADICIÓNS

 Martes 26 de maio de 2026

O noso centro acolleu unha interesante charla dedicada ás herbas de San Xoán e ás tradicións populares vinculadas a esta celebración tan arraigada na cultura galega. A actividade permitiu ao alumnado achegarse ao valor cultural das plantas empregadas durante a noite de San Xoán, unha das festas máis emblemáticas do calendario tradicional.

Ao longo da sesión, explicáronse as propiedades e o significado das distintas herbas utilizadas nesta noite máxica, así como os costumes asociados á súa recollida e preparación. O alumnado puido coñecer de primeira man a importancia da tradición de deixar as herbas en auga durante a noite para lavar a cara na mañá de San Xoán, un ritual popular relacionado coa protección, a saúde e a boa sorte durante todo o ano.

A charla tamén afondou noutras crenzas e costumes populares arredor da noite de San Xoán, considerada desde antigo unha noite chea de maxia e misterio. Falouse dos rituais vinculados ao lume, elemento central desta celebración, como o costume de saltar as cacharelas para afastar os malos espíritos, atraer a sorte ou purificarse. Tamén se falou das costumes gastronómicas asociadas a esta festa (asar sardiñas, xureles...) Ademais, explicáronse diversas lendas populares.

Desde o centro queremos agradecer a colaboración da persoa encargada da charla, así como a participación e interese mostrado polo alumnado nesta experiencia tan enriquecedora, que contribúe a manter vivas as nosas tradicións.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 O pasado venres 5 de xuño, todo o alumnado do Ceip As Bizocas saíu a facer unha andaina pola contorna con varios obxectivos na súa mente. P...