O alumnado de 4º de EP creou o seu propio mercado de alimentos na aula. Cada alumno e alumna trouxo da casa diferentes envases de produtos da cesta da compra diaria. Con eles, aplicamos as operacións matemáticas para cobrar e calcular, estudamos as etiquetas nutricionais, establecemos relacións alimento/calidade/prezo/dispoñibilidade, situamos aos alimentos na pirámide ou valoramos a publicidade dos mesmos e as súas mensaxes.
Foi unha actividade moi enriquecedora!!



No hay comentarios:
Publicar un comentario