martes, 8 de abril de 2025

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE (7 DE ABRIL)

 Este luns, 7 de abril, o noso colexio As Bizocas quixo participar e ao mesmo tempo disfrutar dun día especial para a celebración do día Mundial da Saúde.

Para todos/as (ou cada vez máis) é sabido da importancia da actividade física e dos bos hábitos de vida saudable (non podemos esquecer a importancia dunha boa alimentación, evitar  o consumo de alcohol e tabaco, o aseo e limpeza, a nosa socialización individual dentro dun grupo...) para lograr uns beneficios que melloren e preveñan posibles enfermidades nun futuro, xa sexa a medio ou longo prazo de tempo.

Deste xeito, a través da práctica deportiva e unha vida activa e saudable loitaremos contra o sedentarismo, minimizaremos a presenza de enfermidades  cardiovasculares, regularemos o colesterol, reduciremos os síntomas de depresión, ansiedade  e melloraremos o benestar mental, favoreceremos a función cognitiva e tamén melloraremos a calidade do sono e o descanso. En definitiva, teremos a posibilidade de ter unha mellor calidade de vida.

Por todo isto, o noso centor escolar quixo levar a cabo unha andaina pola nosa contorna con todo o seu alumnado e acompañados das familias que quixeron e puideron participar.

O bo tempo reinante durante a xornada fixo que o día fose espectacular e nos permitira disfrutar, aínda máis, da beleza paisaxística que nos rodea.

Grazas a todos/as.

Aquí vos deixamos unhas poucas imaxes da andaina.











Ata a próxima rapazada!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

DÍA "FIN DE CURSO"

 E como todo comeza, tamén, todo remata. Chegou o último dia lectivo e os rapaces despedíronse ao grande deste curso 24/25. Este pasado venr...